Pé (métrica)
O pé é a unidade métrica cuantitativa do verso grego ou latino, formado por un número reducido de sílabas longas e breves (de dúas a catro). En cada pé hai dous tempos, un de elevación e outro de descenso. O nome procede de que, nas cancións acompañadas de danza, o pé servía para marcar o ritmo.
Características
editarO pé divídese en dous semipés. Crese que os dous semipés tiñan igual intensidade e, por tanto, o ritmo viña determinado unicamente pola alternancia entre breves e longas. En cada pé, unha das sílabas determina o descenso ou golpe, que marca o ritmo (o «tempo forte»). Outra sílaba marca a elevación (o «tempo débil»). Se aparece primeiro o tempo forte denomínase ritmo descendente; se non, trátase de ritmo ascendente. As unidades de medida chamábanse moras e eran unha para as breves e dúas para as longas. Se teñen menos de seis moras os pés denomínanse simples e se teñen máis de seis, compostos (ou metros). Entre os pés compostos, o máis utilizado é o docmio.
Os pés simples agrúpanse da forma seguinte:
- Pés de xénero igual (genus par) na que os dous semipés teñen igual número de moras (pirriquio, espondeo, dáctilo, anapesto, proceleusmático, coriambo).
- Pés de xénero dobre (genus duplum), nos que un semipé ten o dobre número de moras que o outro (iambo, troqueo, tríbraco, moloso, ditroqueo, xónico).
- Pés de xénero sesquiáltero (genus sescuplum), nos que un semipé vale vez e media máis que o outro (crético, peón, baquio e antibaquio).
De dúas sílabas
editar¯ = sílaba acentuada/longa, ˘ = sílaba non acentuada/breve
Valores | Nome |
---|---|
∪ ∪ | Pírrico, dibraquio |
∪ – | Iambo |
– ∪ | Troqueo ou coreo |
– – | Espondeo |
De tres sílabas
editarValores | Nome |
---|---|
∪ ∪ ∪ | Tríbraco |
– ∪ ∪ | Dáctilo |
∪ – ∪ | Anfíbraco |
∪ ∪ – | Anapesto |
∪ – – | Baquio |
– – ∪ | Antibaquio |
– ∪ – | Crético |
– – – | Moloso |
De catro sílabas
editarValores | Nome |
---|---|
∪ ∪ ∪ ∪ | Tetrabraquio, proceleusmático |
– ∪ ∪ ∪ | Primus paeon |
∪ – ∪ ∪ | Secundus paeon |
∪ ∪ – ∪ | Tertius paeon |
∪ ∪ ∪ – | Quartus paeon |
– – ∪ ∪ | Xónico maior |
∪ ∪ – – | Xónico menor |
– ∪ – ∪ | Ditroqueo |
∪ – ∪ – | Diiambo |
– ∪ ∪ – | Coriambo |
∪ – – ∪ | Antispasto |
∪ – – – | Primeiro epitrite |
– ∪ – – | Segundo epitrite |
– – ∪ – | Terceiro epitrite |
– – – ∪ | Cuarto epitrite |
– – – – | Dispondeo |