Abrir o menú principal

A elexía[1] é un subxénero da lírica consistente nunha composición breve sen fixación temática, que pretende conmover o público, invitar a unha reflexión sosegada ou consolar persoas.

Rodríguez Adrados considera que a elexía é por antonomasia a poesía da exhortación e da reflexión sobre temas como a fugacidade da vida, a xuventude ida, a saudade, a gabanza do campo, a morte.

Como texto elexíaco podemos sinalar "Na morte de Castelao", de Ramón Cabanillas.
Na literatura clásica destacan como elexías algunhas obras de Tibulo, Ovidio ou Propercio.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para elexía.