Tibulo (Albius Tibullus en latín), nado cara ao 54 a.C. e morto no 19 a.C., foi un poeta romano elexíaco, un dos fundadores da poesía bucólica xunto con Virxilio e Horacio.

Modelo:BiografíaTibulo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Albius Tibullus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento54 a. C. ↔ 48 a. C. Editar o valor en Wikidata
Gabii, Italia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 a. C. ↔ 18 a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, poeta elexíaco Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano e República Romana Tardía Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I a. C. Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables
Familia
Paisvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX874493 Bitraga: 312 Discogs: 4350243 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Son escasas as noticias da súa vida. Naceu probablemente no Lacio, talvez en Gabii, entre o 55 a.C. e o 50 a.C. nunha familia de orde ecuestre. No 44 a.C. a súa familia puido sufrir confiscacións de terras, logo da batalla de Filipos. Formou parte do círculo de Marco Valerio Messala Corvino, a quen seguiu nun expedición militar a Aquitania, e máis tarde no 22 a.C. a Siria. Estivo retirado na illa de Corfú a causa dunha enfermidade (Elexía, I, 3). No 27 a.C. asiste en Roma ao triunfo de Messala, celebrado o 27 de setembro. Acabados viaxes e expedicións bélicas, Tibulo dividiu a súa vida entre a cidade e o campo. Mantivo estreita amizade con Horacio, que lle dedicou dúas das súas composicións: unha oda (Odas I, 33) e a unha epístola (Epístolas I, 4). Tibulo faleceu pouco despois de Virxilio, no ano 19 a.C., posibelmente en Roma.

O Corpus Tibullianum chegou ata nos con catro libros de elexías, das que só os dous primeiros se consideran hoxe auténticos. O primeiro libro foi publicado no 26 ou 25 a.C., mentres o segundo semella ser póstumo. O poeta canta os amores por dúas mulleres, Delia e Némese, así como por un xove rapaz, Marathus.

Lingua e estilo

editar

O estilo de Tibulo, tersus atque elegans (claro e elegante), como o definira Quintiliano (X, 1, 93), é un dos modelos do clasicismo latino. Tibulo opera cun léxico limitado e cun número restrinxido de temas, sen que iso lle impida crear efectos sempre diversos, oscilando do doce ao melancólico, e aínda ao furioso. Non abusa, por contra, da erudición mitolóxica que caracteriza o estilo dos seus contemporáneos, como Propercio. A lingua de Tibulo está libre de arcaísmos, helenismos e neoloxismos, e tamén de anomalías morfolóxicas.

Tradición e crítica textual

editar

Pese a ser moi prezado na Antigüidade, a obra de Tibulo tivo escasa circulación na Idade Media, e case sempre en antoloxías. Só a fins do século XIV comezou a ter unha circulación maior e na súa integridade.

Manuscritos

editar

Non sobreviviron ata nós manuscritos antigos ou medievais. Dun arquetipo 0, perdido, derivan todos os manuscritos medievais, cerca dun centenar. Destes, os mellores, base das edicións impresas, son tres:

  • Ambrosiano (A), copiado en torno a 1375, e cuxo primeiro propietario coñecido foi o humanista Coluccio Salutati.
  • Vaticanus latinus 3270 (V), de inicios do século XV.
  • Genuensis Berianus D bis 11-6-51 (Ber), de inicios do século XV.

Algunhas lecturas xenuínas poden tirarse de certas escolmas de poetas latinos como o Florilegium Gallicum (composto arredor de mediados do século XIII) ou os Excerpta Frisingensia (conservados nun único manuscrito, hoxe en Múnic), recollidos polo corrente en Francia en época tardomedieval, e que parecen derivar dunha tradición independente do manuscrito O.

Edicións impresas

editar

A editio princeps remonta a 1472, impresa en Venecia por Vindelino de Espira. A primeira edición realizada con criterios científicos modernos é a de Lachmann de 1829.

En galego

editar