Editio princeps é unha locución latina que significa literalmente "primeira edición". Trátase da primeira edición impresa dunha obra, inmediatamente posterior aos manuscritos do autor.

Portada da primira edición da primeira parte de El ingenioso hidalgo Don Quixote de la Mancha, libro de Miguel de Cervantes; publicado en Madrid, en 1605, na imprenta de Juan de la Cuesta. Esta obra é a editio princeps, do Quixote.

Normalmente emprégase para referirse a obras de prestixio que xa foron reeditadas varias veces, en especial, a obras clásicas greco-latinas. Por exemplo, á editio princeps de Homero é a de Demetrius Chalcondyles, que se cre que está datada en 1488. Os textos máis importante dos autores clásicos gregos e romanos foron, na súa maioría, producidos en editiones principes durante os anos 1465 a 1525, despois da aparición da imprenta en 1440.[1][2]

Posteriormente, o termo tense estendido polos eruditos a obras que non forman parte das literaturas greco-latinas. Tamén se emprega para obras de tipo lega e documentos significativos.

  1. Tsuen-Hsuin (1985), pp. 158, 201.
  2. Briggs & Burke (2002), pp. 15–23, 61–73.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  • Checa Cremades, José Luis (7 de xaneiro de 2012). «Edición princeps». Encuadernación y artes del libro. Consultado o 24 de marzo de 2021