Hemistiquio
Denomínase hemistiquio á cada unha das metades ou fragmentos que forman parte dun verso composto. Os hemistiquios van separados por unha pausa o cesura. En galego, a partir de doce sílabas métricas, os versos son compostos e polo tanto están divididos en hemistiquios.[1]
Por exemplo, os versos alexandrinos están compostos por dous hemistiquios de sete sílabas cada un.
"Ó romper novo día, a barca milagreira
atracou antre as laxes dunha nova ribeira."
Notas
editar- ↑ "Lírica galega". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-09-20.