Västergötland
Västergötland é unha provincia histórica sueca (landskap) na rexión de Götaland, no suroeste do país. Limita ao suroeste coa provincia de Halland, ao oeste co Kattegatt e Bohuslän, ao norte con Dalsland, o lago Vänern e Värmland, ao leste con Närke e o lago Vättern, e ao sueste con Småland.
![]() | |
![]() | |
País | ![]() |
---|---|
Rexión | Götaland |
Condado | Västra Götaland, Jönköping, Halland, Örebro |
Maior lago | Vänern |
Punto máis alto | Galtåsen (361 m) |
Área | 16 676 km² |
Poboación | 1 390 802 habitantes |
Densidade | 83,4 hab./km² |
Símbolos | |
Flor | queiroa |
Animal | grou |
Nome Editar
O nome de Västergötland aparece por vez primeira na década de 1070 da man de Adán de Bremen na súa forma latina ... in occidentalia Gothia, Westragothia,[1] despois aparece na Florenslistan de 1103 baixo a denominación de "Gothia occidentalis"[2], e máis tarde, no ano 1317 coa forma Wæstragötland.[3][4]
Historia Editar
As moitas tumbas megalítcas deron a coñecer a prehistoria do landskap, sobre todo as tumbas de andadeiro de Falbygden. Moitos achados de obxectos de ouro e bronce apuntan a contactos temperáns con grupos de persoas circundantes. A poboación de Västergötland aceptou rapidamente o cristianismo, e o landskap ten, coa Västgötalagen, a lei provincial máis antiga de Suecia.
Durante a Alta Idade Media a provincia foi escenario de guerras civís e loitas de poder, ás veces co apoio de soldados da Halland dinamarquesa, ou da Bohuslän norueguesa. Na Baixa Idade Media e o período Vasa houbo na zona batallas entre reis suecos e dinamarqueses, tendo como obxectivo estes últimos restablecer a Unión de Kalmar.
A princesa herdeira Vitoria e o príncipe Daniel son duques de Västergötland.[5][6]
Notas Editar
- ↑ Sveriges ortnamn: Ortnamnen i Älsborgs län, del 1:1, Stockholm 1906 s. 5, 9
- ↑ Lovén, Christian (2020). Florenslängder : den äldsta förteckningen över de svenska stiften. Sverige. p. 12. ISBN 978-91-519-3031-2. OCLC 1237776663.
- ↑ Svenskt Diplomatarium Suecanum, del 3, Stockholm 1829 s. 323
- ↑ Älvsborgs län : historia i Gränsbygd. [S.l.]: Länsstyrelsen i Älvsborgs län. 1997. p. 74. ISBN 978-91-86832-09-4. OCLC 460039258.
- ↑ "H.K.H. Kronprinsessan". www.kungahuset.se (en sueco). Consultado o 2023-01-07.
- ↑ "H.K.H. Prins Daniel". www.kungahuset.se (en sueco). Consultado o 2023-01-07.