Närke
Närke é unha provincia histórica sueca (landskap) no interior da rexión de Svealand. A súa área é de 4 126 km², sendo o landskap máis pequeno da rexión e un dos máis pequenos de Suecia. Närke limita ao suroeste con Västergötland, ao noroeste con Värmland, ao norte con Västmanland, ao leste con Södermanland e ao sueste con Östergötland.
![]() | |
![]() | |
País | ![]() |
---|---|
Rexión | Svealand |
Condado | Örebro, Västmanland, Södermanland, Östergötland |
Maior lago | Vättern, Hjälmaren |
Punto máis alto | Tomasbodahöjden (298 m) |
Área | 4 126 km² |
Poboación | 221 131 habitantes |
Densidade | 53,6 hab./km² |
Símbolos | |
Flor | primula veris |
Animal | leirón anano |
Etimoloxía Editar
Pénsase que o nome de Närke (Neeric 1165-81) vén da palabra när, que se usa para designar tramos elevados ou estreitos angostos. É a mesma palabra que se atopa no nome Norrbyås (Nerboahs 1275). ”När-” pode referirse á crista onde se atopa a igrexa de Norrbyås. O que significa o resto do nome do lugar non está claro.[1] O landskap noméase no Florenslängden de 1103 na súa forma latina "Nehr".[2]
Notas Editar
- ↑ Calissendorff, Karin och Larsson, Anna Ortnamn i Närke, 1998, sid. 21-23
- ↑ Lovén, Christian (2020). Florenslängder : den äldsta förteckningen över de svenska stiften. Sverige. pp. 9–12. ISBN 978-91-519-3031-2. OCLC 1237776663.