Svealand ou (raramente ou historicamente) Suecia verdadeira é a rexión central histórica de Suecia. Está situada no centro sur do país e é unha das súas tres grandes rexións históricas, limitando ao norte con Norrland e ao sur con Götaland. Os profundos bosques de Tiveden, Tylöskog e Kolmården separaban Svealand de Götaland. Historicamente os seus habitantes eran chamados Svear.

Modelo:Xeografía políticaSvealand
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 60°52′00″N 14°44′00″L / 60.8667, 14.7333Coordenadas: 60°52′00″N 14°44′00″L / 60.8667, 14.7333
EstadoSuecia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.044.083 (2016) Editar o valor em Wikidata (50,02 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie80.846 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Svealand está composta da rexión capital de Mälardalen no leste, Roslagen no nordés, o antigo distrito mineiro de Bergslagen no centro e Dalarna e Värmland no oeste.

O antigo nome de Sueia en sueco, Svea rike (en ortografía moderna: Sverige) ou o "reino dos suecos", orixinalmente só se refería a Svealand. A forma en antigo nórdico é Svíþjóð. A medida que os dominios dos reis suecos foron medrando, o nome Svealand comezou a usarse para separar o territorio orixinal do novo.

Provincias editar

Svealand estaba formada polas seguintes seis provincias:

     
     

Estocolmo, a capital sueca, está situada tanto en Uppland como en Södermanland, e na rúa Västerlånggatan, na cidade vella (Gamla stan), atópase unha pedra que limitaba ámbalas dúas provincias.