Norrland
Norrland (Terra do norte) é a maior e máis setentrional das tres grandes rexións históricas (landsdelar) nas que se divide Suecia, sendo as outras dúas Svealand e Götaland.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.175.039 (2016) (4,5 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 261.292 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Cunha área de 242 735 km², Norraland ocupa o 59,6% do territorio sueco. En 2021 a rexión tiña unha poboación de 1 188 031 habitantes,[2] que representaba tan só o 11,4% da poboación do país. Abrange as provincias históricas de Gästrikland, Medelpad, Ångermanland, Hälsingland, Jämtland, Härjedalen, Västerbotten, Norrbotten e Laponia.[3] Ao sur limita coa rexón histórica de Svealand, ao oeste e ao noroeste con Noruega e ao nordés con Finlandia.[4][5]
En Norrland fálase dende hai moito tempo, ademais do sueco, as linguas minoritalas saami e meänkieli.
Orixe e significado do nome
editarO nome Norrlanden aparece por vez primeira en 1435 nunha carta de Karl Knutsson, onde se di que se emitiron ofertas a Hälsingland e "algún outro lugar en Norrlanden". Esta forma en plural (landen é o plural definido de land) é a orixinal e expresa que o termo incluía varias terras ou rexións a ámbolos dous lados do golfo de Botnia. Na Karlskrönikan, completada a mediados do século XV, menciónase "todo Norland" como a área que lle sería outorgada a Erik Puke, que era nese momento o titular do condado de Korsholm slottslän med säte no castelo de Korsholm en Gamla Vasa, na actual rexión finesa de Österbotten. Porén, xa en 1329 apareceu o nome Östernorlandia como designación de Österbotten nun documento en latín. Isto seguramente significa que o nome Västernorrlandia tamén existiu ao mesmo tempo, pero a súa existencia non se pode probar ata ao redor de 1620. "Norrlanden" foi probablemente unha designación resumida coloquial que xurdiu no centro de Suecia e que só gradualmente comezou a usarse dentro da administración e da xurisdición suecas.[6]
O nome de Norrland substituíu o de Hälsingland como designación das partes máis setentrionais do reino sueco e á súa vez obtivo un alcance algo maior. A principios do século XIV Hälsingland incluía toda a costa leste ao norte de Gästrikland, polo menos ata as parroquias de Umeå e Bygdeå, pero a finais dese século a zona estendíase tamén ata a parte superior do golfo de Botnia e un pouco da actual Finlandia. Segundo o historiador Ericus Olai, na década de 1460 "Norlandiæ" tamén incluía Gästrikland, o que permitiu que o río Dal formase fronteira co resto de Suecia. Porén, ata a época de Gustav Vasa Norrland permaneceu vagamente definida. Cando se enumeran os membros do parlamento do riksdag de 1567 o título ”Norlanden” utilízase para os representantes de Gästrikland, Hälsingland, Medelpad, Ångermanland e Västerbotten (que entón tamén se estendía na actual Finlandia). Menos común foi contar tamén aos representantes de Dalarna como norrlänningar.[6]
A rexión costeira por riba do Dal converteuse en 1611 nunha área independente, a Norrlands lagsaga, con Axel Oxenstierna como o seu primeiro lagman (home de leis). Entre os anos 1620 e 1634 Österbotten e todas as ”Västernorrlanden” unificáronse nunha rexión colectiva gobernada por un estatúder, chamada Norrlands län.[3] Polo demais Norrland non constituíu ningunha división administrativa.[6]
Jämtland e Härjedalen pasaron a formar parte de Norrland cando as provincias pasaron a mans suecas en 1645, pero tempo despois aínda se falaba de ”Jämtland e Nordlanden”. Durante moito tempo considerouse que Lappmarken ou Lappland non pertencía a Norrland e que era unha rexión propia.[6]
No presente o termo Norrland utilízase por exemplo en estadística, na división rexional de organizacións ou no prognóstico do tempo, referíndose xeralmente aos cinco condados da rexión. Esta definición baseada nos condados non sempre coincide cos límites tradicionais baseados nas provincias históricas entre Norrland e Svealand. Nos prognósticos meteorolóxicos adoita a dividirse Norrland en seis áreas: rexión montañosa norte, interior norte, costeira norte, montañosa sur, interior sur, e rexión costeira sur.[7] Paralelamente aparece Norra Sverige (norte de Suecia) como unha área estadística nacional, que ademais de Norrland tamén inclúe os condados de Värmland e Dalarna.[8] Noutros contextos pode referirse a todo o que non inclúe ocetro e o sur de Suecia, é dicir, Norrland sen o condado de Gävleborg.
Fronteiras alternativas
editarAdemais da definición de Norrland baseada nos límites dos condados ou provincias históricas, ás veces considérase tamén a fronteira biolóxica, chamada Limes Norrlandicus e que é unha fronteira climática e vexetalxeográfica entre os bosques de coníferas do sur e do norte, como límite entre Norrland e Svealand. En gran medida correspóndese cos límites históricos e culturais coñecidos como fäbodgränsen, que van do extremo norte de Bohuslän ata o centro de Uppland. Na xeografía escolar anteriormente falábase, de xeito incorrecto, do río Dal como fronteira norte para bosques caducifolios, cangrexos de río, castelos e nobres.[9] A fronteira do terreo de Norrland, unha unidade xeomórfica que cobre case toda Norrland e parte de Svealand, é un límite topográfico entre terras altas e chairas e aseméllase á högsta kustlinjen (o nivel acadado polo mar no último período glacial). Esténdese dende o norte de Bohuslän a través do centro de Suecia, paralelo á costa de Norrland, atopándose co mar ao sur de Sundsvall.[10][11] Porén, na área dos dialectos de Norrland non se inclúen dialectos de Gästrikland, o sur de Hälsingland e o dialecto xenuíno de Härjedalen.[12]
Notas
editar- ↑ "Gävles Norrlandsvisit – en historisk parentes". gd.se (en sueco). 2015-06-21. Consultado o 2020-02-05.
- ↑ "Folkmängd i landskapen den 31 december 2021". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2023-01-29.
- ↑ 3,0 3,1 Norrländsk uppslagsbok : ett uppslagsverk på vetenskaplig grund om den norrländska regionen. Höganäs: Bokförlaget Bra Böcker. ©1993-©1996. pp. 253–324. ISBN 978-91-972484-2-6. OCLC 28547897.
- ↑ "Norrland - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2020-02-05.
- ↑ "Indelning i län och landsdelar" (PDF). Skogsstyrelsen. 2016-03-03. Archived from the original on 03 de marzo de 2016. Consultado o 2020-02-05.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Ahnlund, Nils (1942). Landskap och län i Norrland: en historisk-administrativ översikt. Norrland : natur, befolkning och näringar. Páx. 233-254
- ↑ "Meteorologens kommentar". SMHI. 2020-04-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 2023-02-10.
- ↑ "Karta över NUTS-indelningen i Sverige från och med 2008-01-01" (PDF). Statistiska Centralbyrån. Consultado o 10 de febreiro de 2023.
- ↑ "Fanns det adel i Medelpad? - Nils Johan Tjärnlund". www.nilsjohantjarnlund.se. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 2023-02-10.
- ↑ "Webbatlas -> Tematisk karta -> Limes norrlandicus i Sverige". web.archive.org. 2012-11-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 2023-02-10.
- ↑ "Norrlandsgränsen - finns den?" (PDF). Statistiska Centralbyrån. Consultado o 10 de febreiro de 2023.
- ↑ Dahlstedt, Karl Hampus (1971). Norrländska och nusvenska : tre studier i nutida svenska. Lund: Studentlitteratur. ISBN 978-91-44-07961-5. OCLC 11698130.