Condado de Örebro
Örebro Örebro län | |
![]() | |
Escudo | |
Capital | Örebro |
Poboación | 297 997 habitantes |
Censo | 2017 |
Área | 8 546 km² |
Densidade | 35 hab./km² |
Mapa | |
![]() |
O Condado de Örebro, ou Örebro län, é un condado ou län que se atopa no centro de Suecia. Fa O condado fai fronteira cos condados de Västra Götaland, Värmland, Dalarna, Västmanland, Södermanland e Östergötland.
ProvinciaEditar
Os condados de Suecia son principalmente unidades administrativas, mentres que as provincias axústanse a fronteiras culturais e históricas. O condado de Örebro está formado pola provincia de Närke, a metade occidental de Västmanland e pequenas partes do leste de Värmland e do nordés de Västergötland. O condado de Örebro chámase así pola súa capital, Örebro, que no ano 2010 era a sexta cidade máis grande de Suecia. Os datos oficiais de 2010 indicaban que o 38% da poboación do condado vivía na súa capital. Örebro ten tantos habitantes como as outras 23 grandes localidades do condado xuntas, e a súa poboación medrou significativamente dende finais dos anos 60.