Condado de Östergötland
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Provincia de Östergötland.
Östergötland Östergötlands län | |
![]() | |
Escudo | |
Capital | Linköping |
Poboación | 456 550 habitantes |
Censo | 2017 |
Área | 10 605 km² |
Densidade | 43 hab./km² |
Mapa | |
![]() |
O Condado de Östergötland, ou Östergötlands län, é un condado ou län situado no sueste de Suecia. O condado fai fronteira cos condados de Kalmar, Jönköping, Västra Götaland, Örebro, Södermanland e co Mar Báltico.
Conta cun comité administrativo ou länsstyrelse, o cal é designado polo goberno, e tamén posúe un landsting, que é unha representación municipal elixida polo electorado do condado.
A súa capital histórica é Linköping, mentres que a súa principal cidade industrial é Norrköping.