Condado de Jönköping

condado de Suecia

O Condado de Jönköping, ou Jönköpings län é un condado ou län que se atopa ó sur de Suecia. O condado fai fronteira cos condados de Halland, Västra Götaland, Östergötland, Kalmar e Kronoberg.

Modelo:Xeografía políticaCondado de Jönköping
Jönköpings län (sv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 57°45′N 14°12′L / 57.75, 14.2Coordenadas: 57°45′N 14°12′L / 57.75, 14.2
EstadoSuecia Editar o valor em Wikidata
CapitalJönköping Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación368.652 (2024) Editar o valor em Wikidata (35,13 hab./km²)
Xeografía
Superficie10.495,1 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1687 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Gobernador Editar o valor em WikidataHelena Jonsson (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2SE-F e SE-06 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSSE211 Editar o valor em Wikidata

Páxina webf.lst.se Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Antes de 1634 o condado de Jönköping aparece como o nome dun slottslän, o slottslän de Jönköping. O Instrumento de Goberno de 1634 fundou os condados suecos e o actual condado formaba parte do de Småland, que se describe como formado polo Tiohärads lagsaga e o "condado de Jöneköping", con capital en Kronoberg[1] e onde o condado de Jönköping aparece como un slottslän.

En 1639, o condado de Jönköping xurdiu do condado de Småland como unha parte separada co seu propio gobernador. En 1654 a área uniuse novamente co condado de Kronoberg para formar un condado común, chamado condado de Jönköping e Kronoberg, que posteriormente volvería a dividirse e crearse varias veces, onde o condado de Jönköping cando existía por separado tamén incluía partes do actual condado de Kronoberg.

En 1679-1680 a área do actual condado de Kalmar tamén se incluíu nun gran condado chaamado condado de Småland. A partir de 1687 o condado de Jönköping finalmente converteuse nun condado independente. A parte sur do condado pertenceu dende 1634 ao Tiohärads lagsaga, e a súa parte norte ao condado de Kalmar e Ölands lagsaga ata que estes foron disoltos en 1849.

En relación coa reforma municipal de 1971/74, as partes do municipio de Hylte que estaban no condado de Jönköping transferíronse ao condado de Halland. En relación coa formación do condado de Västra Götaland en 1998, os municipios de Mullsjö e Habo foron transferidos a este condado.

Xeografía editar

A paisaxe do condado de Jönköping é variada, pero a meirande parte está cuberta de bosque e caracterízase sobre todo polo feito de estar situado nas terras altas de Småland (Småländska höglandet). Hai máis de 2 300 lagos e varios cursos de auga importantes, como os ríos Lagan e Emån. O lago máis grande e profundo do condado é o Vättern, cuxa ribeira sur baña Jönköping. Na parte sur do condado atópase o parque nacional de Store Mosse, que é a zona pantanosa máis grande de Suecia ao sur de Laponia. O punto máis alto é Tomtabacken, que acada os 377 metros sobre o nivel do mar.

Concellos editar

 
  1. Aneby
  2. Eksjö
  3. Gislaved
  4. Gnosjö
  5. Habo
  1. Jönköping
  2. Mullsjö
  3. Nässjö
  4. Sävsjö
  5. Tranås
  1. Vaggeryd
  2. Vetlanda
  3. Värnamo

Notas editar

  1. "Regeringsform 1634 - Wikisource". sv.wikisource.org (en sueco). Consultado o 2022-09-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar