Concello de Jönköping
Jönköping é un concello sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é a cidade de Jönköping, que tamén é a capital do condado. No ano 2022 vivían no concello 144 070 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Jönköping ![]() | ||||
Capital | Jönköping ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 147.654 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.924,97 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Bankeryd Rural Municipality (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Jönköping Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Ann-Marie Nilsson (en) ![]() ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | jonkoping.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A paisaxe do concello de Jönköping caracterízase polas pronunciadas fallas cara a parte sur do lago Vättern. Sobre os escarpes de falla, a paisaxe está formada por unha meseta de natureza variada. Máis da metade da superficie do concello está cuberta de bosque, aínda que a zona ten tamén unha cantidade relativamente grande de terreo agrícola en comparación co conxunto do país. Porén, a actividade económica do municipio está caracterizada principalmente polo seu status como capital do condado, o que fai que haxa un importante sector servizos dominado polo sector público.
A meirande parte do concello atópase en Tveta e Vista, dous dos folkland tradicionais de Småland.
Administración histórica
editarA área do concello correspóndese coa das parroquias de Angerdshestra, Bankeryd, Barnarp, Bottnaryd, Gränna, Hakarp, Järsnäs, Järstorp, Lekeryd, Ljungarum, Mulseryd, Månsarp, Norra Unnaryd, Rogberga, Sandseryd, Skärstad, Svarttorp, Visingsö, Ödestugu, Öggestorp e Ölmstad. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862. Dentro da área tamén estaban as cidades de Jönköping e de Gränna que en 1863 formaron cadansúa cidade municipal.
No ano 1907 o köping de Huskvarna separouse do municipio rural de Hakarp para transformarse na cidade de Huskvarna en 1911. En 1910 o concello rural de Ljungarum incorporouse á cidade de Jönköping. No ano 1943 o municipio rural de Sandseryd foi remodelado no köping de Norrahammar. En 1951 o municipio rural de Järstorp dividiuse, pasando unha parte a Bankeryd e outra á cidade de Jönköping.
Coa reforma municipal de 1952 naceron os concellos grandes de Lekeryd (a partir dos anteriores municipios de Järsnäs, Lekeryd e Svarttorp), Norra Mo (de Angerdshestra, Bottnaryd e Mulseryd), Skärstad (de Skärstad e Ölmstad), Södra Mo (de Norra Hestra, Norra Unnaryd, Stengårdshult, Valdshult e Öreryd), e Tenhult (de Barnarp, Rogberga, Ödestugu e Öggestorp). Ao mesmo tempo o municipio rural de Gränna fusionouse coa cidade do mesmo nome. Porén, os concellos rurais de Bankeryd, Hakarp, Månsarp e Visingsö, ao igual que as cidades de Huskvarna e Jönköping, non se viron afectados.
No ano 1967 o concello rural de Hakarps uniuse á cidade de Huskvarna.
O concello de Jönköping fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir das cidades de Jönköping, Huskvarna e Gränna, do köping de Norrahammar e dos concellos rurais de Bankeryd, Lekeryd, Månsarp, Norra Mo, Skärstad, Tenhult e Visingsö, así como dunha parte do concello de Södra Mo (a parroquia de Norra Unnaryd).[3]
Dende a súa fundación o municipio pertence ao partido xudicial de Jönköping.[4]
Xeografía
editarO municipio está situado no noroeste do landskap de Småland, no extremo sur do lago Vättern. O concello de Jönköping limita ao noroeste cos de Mullsjö e Habo, ámbolos dous no condado de Jönköping. Ao nordés limita co concello de Ödeshög no condado de Östergötland, ao leste cos de Tranås, Aneby e Nässjö, e ao sur cos de Vaggeryd e Gislaved, todos en Jönköping. Ao oeste limita cos de Tranemo e Ulricehamn no condado de Västra Götaland.
Demografía
editar
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-11.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-11.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Jönköpings tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 16 de setembro de 2022.