Concello de Aneby

(Redirección desde «Aneby (municipio)»)

Coordenadas: 57°50′N 14°48′L / 57.833, -14.800

Municipio de Aneby
Aneby kommun
Museos Stjärneborg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Småland
Condado Jönköping
Capital Aneby
Área e poboación
Poboación 6 878 habitantes
Censo 2022
Área 553,9 km²
Densidade 13,29 hab./km²
Mapa
Outros datos
Web aneby.se

Aneby é un municipio sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é Aneby. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 6 878 habitantes.[2]

O municipio está formado por vales que se entrecruzan con elevacións medias, a meirande parte delas cubertas por bosques de coníferas. As condicións xeográficas afectaron á economía do municipio, sendo dominante a industria da madeira aínda a que a súa importancia disminuiu.

A proboación medrou ata a metade dos anos 90 do século pasado,cando a tendencia invertíuse. Porén, a mediados da década de 2010 volveu a subir o número de habitantes do municipio.

Xeografía Editar

Hidrografía e topografía Editar

A paisaxe está formada por vales que se cruzan con alturas intermedias, algunhas en forma de longos drumlins. O fondo dos vales atópase a uns 200 metros sobre o nivel do mar e as alturas alcanzan os 300 metros, sendo nalgúns casos máis altas. O río Svartån flúe dende o sur ata o norte a través dunha das liñas de fractura e entre os lagos Anebysjön e Ralången pasa a fervenza Stalpet, de 19 metros de altura. A meirande parte da paisaxe está cuberta de bosque, especialmente de coníferas. As terras de cultivo atópanse nas zonas altas onde a terra é de gran máis fino e o risco de xeadas é menor. Alí atópanse as granxas soas ou en fila unha tras outra. A terra cultivable está máis preto da súa granxa correspondente, mentres que os pastos e o bosque están máis abaixo na ladeira.[3]

Conservación natural Editar

No ano 2022 había seis reservas naturais no concello de Aneby.[4] O lago Ören está clasificado como unha área Natura 2000 e na súa ribeira occidental atópase a reserva natural de Björkenäs. A zona é rica en carballos e ten unha variada paisaxe agrícola. Existen moitas árbores vellas e nodosas.[5] O bosque caducifolio de Degla está situado xunto ao lago Noen e consta de bosque caducifolio, bosque pantanoso caducifolio e zona húmida. Na reserva natural prosperan moitas especies de paxaros e doutros animais.[6] Nos anos 60 fundouse o que hoxe é unha das reservas máis pequenas e antigas do condado, Vållingsön. Situada no lago Ören é unha illa importante como punto de nidación para especies de paxaros como movellas árticas, mergullóns cristados, biluricos bailóns, carráns comúns e aguias peixeiras.[7] As outras reservas son Hyllingen, Nynäs e Åsen.[4]

Notas Editar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-06. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-03. 
  3. "Aneby - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-08-15. 
  4. 4,0 4,1 "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-15. 
  5. "Björkenäs". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-15. 
  6. "Degla lövskog". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-15. 
  7. "Vållingsön". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-15. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar