Abrir o menú principal

Mergullón cristado

O mergullón cristado[2] (Podiceps cristatus) é unha especie de ave podicipediforme da familia Podicipedidae, sendo un dos seus membros máis coñecidos. Son aves das zonas húmidas europea e asiáticas moi frecuentes en lagoas e marismas da Península Ibérica.

DescriciónEditar

Recoñécese polas súas dúas cristas negras e as súas prominentes golas avermelladas en primavera. As súas partes superiores son de cor marrón escuro; as inferiores, brancas. A súa lonxitude pode variar entre os 46 cm aos 51. Ten unha media de 48 cm. A envergadura varía entre os 85 e os 90 centímetros.

HábitatEditar

Principalmente lagos e lagoas. En inverno tamén frecuenta as costas. Aínda que non aniña a gran altitude, acada os 1.200 metros nalgunhas rexións. Tampouco rexeita os estanques con vexetación palustre que ofrecen algunhas cidades así como masas de auga de orixe antropolóxica como encoros ou lagos artificiais.

Distribución en GaliciaEditar

En Galicia pode verse ao longo de todo o ano, como invernante regular, en paso e como reprodutor consolidado na provincia de Ourense (Penas-Patiño, Pedreira & Silvar). Na actualidade atópase en expansión (González & Villarino, 1995; X. Vázquez, com. pers.). En Galicia estímase unha poboación de 20-30 parellas (Fernández-Cordeiro & Domínguez, 1991), a nivel galego a maior poboación desta especie atópase asentada nas areeiras do concello limiao de Sandiás con 23 parellas censadas (2010).

Fóra deste concello confirmouse a súa reprodución no encoro da Fervenza en Mazaricos (1 p), encoro das Forcadas no concello de Valdoviño (aprox. 3 pp), lagoa de Sobrado dos Monxes no concello homónimo (1 p), areeiras de Riocaldo-Pedroso Begonte (3 pp), San Martiño (A Rúa) e Verín/Oímbra.

AlimentaciónEditar

Pequenos peixes, crustáceos e insectos que captura mergullándose na auga.

ComportamentoEditar

A súa parada nupcial resulta moi rechamante. As aves contonéanse mentres nadan, sacoden a cabeza, erguen os seus moños e as súas golas e, en fase final, xúntanse peito con peito sostendo no peteiro plantas acuáticas que arrincaron do fondo.

ReproduciónEditar

 
Pito de mergullón cristado
 
Podiceps cristatus

Constrúen o niño entre a vexetación ribeirega. Despois, as postas desta ave poden comezar en marzo e ultímalas na primeira quincena de setembro. Os pequenos mergullóns ruben ao dorso dos seus pais, agochándose baixo as plumas das súas ás.

AmeazasEditar

Os exemplares que aniñan nos encoros teñen postas asincrónicas, debido ás fortes oscilacións do nivel de auga; que danan un bo número de niños todos os anos.

Na directiva de avesEditar

NotasEditar

  1. BirdLife International (2009). "Podiceps cristatus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar