A Rúa

concello da comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°25′0″N 07°7′15″O / 42.41667, -7.12083

A Rúa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 4595 habitantes (5027 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rués».

A Rúa
Escudo da Rúa
A Rúa de Petín, Galiza.jpg
Situacion A Rúa.PNG
Situación
Xentilicio[1]rués
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación4.186 hab. (2022)[2][3]
Área35,9 km²[3]
Densidade116,6 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeÁlvaro Fernández (PPdeG[6])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 2
Outros: R.U.A. 2
Eleccións municipais na Rúa
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes41,53%
Na rede
http://www.arua.es/
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Censo total 4595 (2015)
Menores de 15 anos 475 (10,34 %)
Entre 15 e 64 anos 2785 (60,61 %)
Maiores de 65 anos 1335 (29,05 %)
Estranxeiros 204 (4,44 %)
Evolución da poboación da Rúa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
2411 3224 4096 6060 5000 4816 4719 4695 4685 4634 4595 4530 4459 4359 4314 4283 {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

ToponimiaEditar

O nome do concello vén do substantivo común rúa (camiño dentro dunha poboación), que vén do latín vulgar via ruga (camiño entre casas), xa que ruga significa no latín clásico engurra. O termo rúa é compartido noutras linguas próximas como no portugués rua, en albanés rrugë, en bretón ruioù ou en francés rue[8].

XeografíaEditar

O concello limita ao norte con Vilamartín de Valdeorras e Quiroga (este último da provincia de Lugo), ao sur con Larouco, ao leste con Petín e Vilamartín de Valdeorras, e ao oeste con Quiroga.

Os cumios de maior altitude están cara ao norte, na serra dos Cabalos, os montes de Cereixido e a serra da Enciña da Lastra: Lagoa Grande (1242 m), Pincheira (1139 m) e A Torrenta (1134 m). Cara ao sur está o val do río Sil, ao que van dar varios ríos e regatos no encoro de San Martiño.

Ten un clima suboceánico con trazos continentais e mediterráneos, con escasas choivas.

HistoriaEditar

Antes da romanización, segundo Plinio e Tolomeo, as terras estaban habitadas polos guigurros, do convento xurídico asturicense. Na localidade da Rúa estaba situada a Forum Cigurrorum romana (Cigurria), a VIII mansión da Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga, cruzando o río Sil pola ponte da Cigarrosa. Preto desta ponte atopouse unha lápida de cuarzo cunha inscrición romana, conservada na igrexa de Santo Estevo.

Na Idade Antiga establecéronse na zona os suevos e os visigodos, que utilizaron a vila como ceca de cuñaxe de moeda durante os reinados de Viterico, Sisebuto e Suintila, entre os anos 603 e 631. Logo da invasión musulmá asentáronse os agarenos, expulsados por Afonso I de Asturias a mediados do século VIII.

Na Idade Media a zona estivo baixo dominio dos reis de Asturias, León e Galiza e baixo o señorío dos condes de Lemos e Ribadavia.

Ata a Idade Moderna a vila recibiu o nome de Santo Estevo.

No século XIX houbo enfrontamentos entre a guerrilla e as tropas francesas durante a guerra da Independencia. En 1811 faleceu na zona María Manuela de Lunas y Sancho, heroína na defensa de Zaragoza.

EscudoEditar

Segundo o Decreto 281/1991, do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello da Rúa (Ourense), a organización do escudo do concello queda do seguinte xeito: "Escudo de prata cunha banda de azur; brocante escudón de azur cunha ponte de ouro, mazonado de sable posto sobre ondas de prata e azur, e sumado dun sotuer de ouro. Ó timbre coroa real."[9] O concello representa o escudo cunha banda inferior coa lenda Forvm Egvrrorvm[10].

IrmandamentosEditar

 
Cartel en Almendralexo.

O concello da Rúa está irmandado co de Almendralexo (provincia de Badaxoz) desde 2002[11]

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes da Rúa.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Rúa

Roblido (San Xoán) | A Rúa de Valdeorras (Santo Estevo) | San Xulián (San Xulián)

Lugares da RúaEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Rúa vexa: Lugares da Rúa.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "A Rúa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Rúa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Etimoloxía da Rúa no Portal das Palabras da RAG.
  9. Decreto 281/1991,.do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello da Rúa (Ourense)
  10. Web do concello
  11. "El hermanamiento entre Almendralejo y A Rúa se completará en enero, con una visita de Ibarra". La Voz de Galicia. 19 de xuño de 2010. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.