Larouco
Coordenadas: 42°20′48″N 7°9′48″O / 42.34667, -7.16333
Larouco é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2018 tiña 455 habitantes (570 en 2003).
Larouco | |
---|---|
![]() | |
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | laroucao (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Valdeorras |
Poboación | 417 hab. (2020)[2][3] |
Área | 23,7 km²[3] |
Densidade | 17,59 hab./km² |
Entidades de poboación | 4 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | Patricia Lamelas Rodríguez (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 3 |
Eleccións municipais en Larouco | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 67,02% |
Na rede | |
- | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo total | 455 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 23 (5.05 %) |
Entre 15 e 64 anos | 202 (44.4 %) |
Maiores de 65 anos | 230 (50.55 %) |

Evolución da poboación de Larouco Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
1.618 | 1.813 | 1.576 | 1.102 | 570 | 584 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
EtimoloxíaEditar
Larouco era unha divindade local da cultura castrexa[8].
XeografíaEditar
O concello ten 23,7 km², e está dividido en catro parroquias. Está situado nun macizo montañoso, entre os concellos da Rúa, Petín, O Bolo e Manzaneda (tamén da provincia de Ourense) e o concello lucense de Quiroga.
A vexetación está formada principalmente por soutos de castiñeiros.
HistoriaEditar
Consérvanse restos da cultura castrexa na parroquia de Seadur. O castro de Cabanelas está rodeado de murallas, cun foxo e un parapeto de grandes rochas graníticas; polo norte está defendido por un profundo precipicio cara ao río Sil, funcionando de miradoiro sobre os vales de Petín e A Rúa.
Os Codos de Larouco, situados entre os concellos de Trives, Manzaneda e Larouco, son os restos da vía XVIII do Itinerario de Antonino, nun trazado extremadamente sinuoso. A Via Nova, unía Braga con Astorga.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Larouco.
ParroquiasEditar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Larouco | |
---|---|
Freixido (Sagrado Corazón de Xesús) | Larouco (Santa María) | Portomourisco (San Vítor) | Seadur (Santa Mariña) |
Lugares de LaroucoEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Larouco vexa: Lugares de Larouco.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "Larouco".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Larouco". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "Deuses e deusas na raia (e III): Mirarlle a cara a un antigo deus", artigo de Manuel Gago Mariño en Capítulo Cero, 25 de xaneiro de 2012.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Larouco |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |