Merenzao

Variedade de uva

Merenzao é unha variedade de videira vinífera, de bagas tintas. Outros nomes cos que se coñece son María Ordoña, bastardo negro e baboso negro.

Trátase dunha planta resistente ás enfermidades. Ten acios de tamaño pequeno e compactos. As bagas son de tamaño pequeno, forma redonda e cor negra-azulada. Produce viños acedos e aromáticos. Úsase tanto para mesturar con outras variedades como para elaborar viño varietal.

Segundo a Orde APA/1819/2007, do 13 de xuño (BOE do día 21), a bastardo negro é unha variedade de videira destinada á produción de viño autorizada nas Canarias; e recomendada en Galicia. Pódese atopar nas denominacións Valle de Güímar (Canarias), Ribeira Sacra e Valdeorras.