O acio (do termo latino acinus[1]) é un tipo de inflorescencia indefinida, caracterizado por presentar un eixo ou raque que medra indefinidamente mentres que aos costados prodúcense as xemas florais pediceladas que se abren a medida que aquel se desenvolve. A floración prodúcese en sentido acrópeto, é dicir, ábrense antes as flores inferiores do eixo e a maduración progresa cara ao ápice da inflorescencia.

Esquema dun acio
Acio en Barbaraea vulgaris

O resto dos tipos de inflorescencias de tipo acio simples (espiga, amento, umbela etc.) pódense derivar facilmente desta estrutura. A inflorescencia composta formada por un acio de acios (acio composto) recibe o nome de panícula, como na vide. Popularmente a inflorescencia e a infrutescencia da vide coñécese como acio ou cacho.

Notas editar

  1. Ricardo, Carballo Calero. Gramática elemental del gallego común. Xerais. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Arxentina de Agricultura e Xardinaría. Editorial ACME, BsAs.
  • Font Quer, P. 1953. Dicionario de botánica. Barcelona, Editorial Labor.