Verderolo común
O verderolo común (Chloris chloris)[2] é un paxaro presente en toda Europa, norte de África e suroeste de Asia. Aínda que se comporta en xeral como ave sedentaria, algunhas poboacións que viven nas zonas máis boreais da súa distribución, móvense cara ao sur no inverno.
Verderolo común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho enriba, femia embaixo | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Chloris chloris' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución do verderolo común.
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Carduelis chloris |
Descrición
editarO verderolo é un paxaro —L. Vázquez[3]
|
O verderolo común mide entre 14 e 16 cm de lonxitude. É de cor verde oliva, coas plumas das ás e a beira do rabo de cor amarela dourada. As femias e os exemplares novos son menos brillantes e teñen tons castaños no lombo. O peteiro é groso e cónico. Ten o rabo curto e a cabeza grande.
Distribución e hábitat
editarAdemais das zonas xa citadas o verderolo foi introducido e está presente en Nova Zelandia, parte de Australia, e algúns países da América do sur, como o Brasil e a Arxentina.
As súas zonas de cría máis comúns sitúanse nas beiras de zonas de bosque, sebes e xardíns con vexetación relativamente mesta.
Reprodución
editarA súa época de cría vai de finais de abril a xuño. O niño ten forma de pratiño e constrúeno en sebes ou vexetación mesta. Poñen 5 ou 6 ovos abrancazados con manchas e puntos castaños escuros. A femia choca os ovos 13 ou 14 días e os dous membros da parella alimentan os polos.
Conduta e alimentación
editarO seu voo ondulante é moi característico. Na época nupcial o macho voa describindo círculos ó redor da femia, cantando sen parar.
Non teme a presenza humana. Fóra da época de cría pode xuntarse en bandos, ás veces mesturado con outras especies de frinxílidos. A base da súa alimentación son as sementes, aínda que pode alimentar as crías tamén con algúns insectos.
Galería de imaxes
editar-
Cuculus canorus bangsi + Carduelis chloris
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Carduelis chloris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Chloris chloris - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 2017-06-08.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do verderolo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 87. ISBN 84-7154-379-6.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Verderolo común |