Gaio (ave)

ave da familia dos córvidos

O gaio, pega marxa, pega marza ou pega rebordá,[2] Garrulus glandarius, é unha ave paseriforme da familia dos córvidos.

Gaio
Garrulus glandarius

Gaio en Inglaterra


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Garrulus
Especie: G. glandarius
Nome binomial
Garrulus glandarius
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución de Garrulus glandarius
Área de distribución de Garrulus glandarius

Área de distribución de Garrulus glandarius
Subespecies
33 (en oito grupos) - véxase o texto

Espallado amplamente pola rexión paleártica, é unha ave xeralmente solitaria, agás na época reprodutora.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi decrita en 1758 por Linneo na páxina 106 da 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Corvus glandarius.[3]

Etimoloxía

editar

Para a do xénero véxase Garrulus.

O epíteto específico, glandarius, está formado polos elementos gland-, forma oblicua do termo latino glāns, "landra", "glande" e o sufixo latino -ārius.

Sinónimo

editar

Ademais de polo se nome actual, a especie foi coñecida tamén polo sinónimo:.[3]

Subespecies

editar

Grupo Glandarius

editar
  • Garrulus glandarius glandarius (Linnaeus, 1758) - Europa occidental.
  • Garrulus glandarius rufitergum (Linnaeus, 1758) - Gran Bretaña.
  • Garrulus glandarius hibernicus Witherby & Hartert, 1911 - Irlanda.
  • Garrulus glandarius lusitanicus Voous, 1953 - Portugal.
  • Garrulus glandarius fasciatus (A.E. Brehm, 1857) - España.
  • Garrulus glandarius corsicanus Laubmann, 1912 - Córsega.
  • Garrulus glandarius ichnusae O. Kleinschmidt, 1903 - Sardeña.
  • Garrulus glandarius albipectus O. Kleinschmidt, 1920 - Apeninos e ao redor do Adriático.
  • Garrulus glandarius jordansi Keve, 1966 - Sicilia.
  • Garrulus glandarius graecus Kleiner, 1939 - Balcáns.
  • Garrulus glandarius cretorum R. Meinertzhagen, 1920 - Creta.
  • Garrulus glandarius ferdinandi Keve, 1943 - Turquía e Bulgaria.

Grupo Brandtii

editar

Grupo Atricapillus

editar

Grupo Minor

editar
  • Garrulus glandarius minor J. Verreaux, 1857 - Cordilleira do Atlas.
  • Garrulus glandarius glaszneri Madarász, 1902 - Chipre.
  • Garrulus glandarius hyrcanus Blanford, 1873 -

Grupo Japonicus

editar
  • Garrulus glandarius japonicus Temminck & Schlegel, 1847 - Xapón agás Hokkaido.
  • Garrulus glandarius hiugaensis Momiyama, 1927 — Península de Isu, Hondo, Kyūshū e Kagoshima.
  • Garrulus glandarius tokugawae Taka-Tsukasa, 1931 — Sado.
  • Garrulus glandarius orii N. Kuroda Sr, 1923 — Yakushima (Ryukyu).
  • Garrulus glandarius namiyei Kuroda, 1922 — Tsushima.

Grupo Bispecularis

editar

Himalaia, China, Birmania, Vietnam.

  • Garrulus glandarius bispecularis Vigors, 1831.
  • Garrulus glandarius sinensis Swinhoe, 1871.

Grupo Leucotis

editar

Sen grupo determinado

editar
  • Garrulus glandarius interstinctus Hartert, E, 1918.
  • Garrulus glandarius azureitinctus Koelz, 1951.
  • Garrulus glandarius pekingensis Reichenow, 1905.
  • Garrulus glandarius rhodius Salvadori & Festa, 1913.
  • Garrulus glandarius severtzowi Bogdanov, 1871.
  • Garrulus glandarius oatesi Sharpe, 1896.
  • Garrulus glandarius persaturatus Hartert, E, 1918.
  • Garrulus glandarius taivanus Gould, 1863.
  • Garrulus glandarius haringtoni Rippon, 1905.

Características

editar

Os gaios miden entre 32 e 35 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de ás duns 53 cm. O seu peso é aproximadamente de 170 g. A extensión do territorio polo que se espalla a especie provoca diferenzas notábeis de coloración entre as distintas subespecies. As formas típicas teñen a plumaxe castaña rosada, coa parte superior das ás azul clara con bandas negras. A parte inferior do lombo e as plumas inferiores da cola, que é negra, son brancos, moi visibles estas últimas cando voan. A cabeza, que ten plumas eréctiles que poden erguerse formando unha pequena crista, ten un raiado branco e negro. Da base do pico parte unha lista negra a xeito de bigote. Os exemplares novos teñen menos estrías brancas e negras na cabeza cós adultos e o "bigote" menos marcado.

O canto é moi variado, e vai dende berros estridentes, roucos, fortes e breves, a asubíos e mesmo en ocasións parece que mían. O seu berro de alarma, áspero, é moi audible e úsano frecuentemente para avisar da presenza de intrusos, incluíndo o home. Os gaios son capaces de imitar os cantos doutras aves e poden mesmo copiar a mamíferos coma o cabalo. A primavera é a época na que son máis ruidosos e cando emiten as formas máis melódicas do seu canto. En empezando a chocar, a actividade sonora redúcese drasticamente.

Distribución e hábitat

editar

Os gaios están distribuídos por Europa, noroeste de África e por Asia ata o Xapón. O seu hábitat son bosques de todo tipo, con preferencia polos caducifolios ou mixtos, e ocasionalmente xardíns ou parques con árbores dabondo. A destrución dos bosques está a facer que nos últimos anos se acheguen as zonas urbanas. Os seus territorios de caza adoitan ser dunhas 25 Hectáreas. Son aves sedentarias, pero as poboacións máis setentrionais emigran cara ó sur en inverno.

Alimentación

editar
 
Gaio

O espectro alimentario da especie é moi amplo e inclúe alimentos das orixes máis variadas. Comen invertebrados e as súas larvas, pero tamén ovos e polos que rouban dos niños e, máis ocasionalmente pequenos vertebrados como ratos e réptiles. A súa dieta vexetal componse de landras, noces, froitas, bagas, leguminosas, sementes de gramínea e mesmo patacas. A alimentación de orixe animal ten máis importancia durante o tempo da cría dos polos.

Durante o outono os gaios almacenan castañas, noces e landras en furados debaixo da casca das árbores, nos troncos ou no chan, o que favorece que poidan dispoñer de landras para comer durante todo o ano. Debaixo do bico teñen un peto no que poden gardar as sementes que recollen. A bolsa ten capacidade para gardar tres ou catro landras, o que lles facilita o transporte dos alimentos ata as despensas. Para atopar os seus silos, memorizan puntos de referencia e mesmo colocan pedriñas a xeito de balizas. Se os puntos de referencia desaparecen ou se desprazan, son incapaces de atopar máis tarde os alimentos. Estímase que un gaio pode carrexar por este sistema ata unhas mil landras ó ano, colaborando con isto á dispersión de determinadas especies de árbores, polo que se fala ás veces de "sementeiras de gaio" para referirse os soutos que teñen a súa orixe probable en sementes enterradas polos gaios.

Conduta reprodutora

editar

Os gaios constrúen niños patelos nas árbores, a alturas que adoitan situarse entre 2 e 10 metros sobre o chan. Os niños están feitos de garabullos e herbas, coa parte interna composta principalmente de raíces, musgo e materiais semellantes. As femias poñen entre cinco e sete ovos grises verdosos con manchas acastañadas. A época de incubación sitúase, na Europa occidental, entre finais de abril e xuño. Os dous membros da parella chocan os ovos entre 16 e 17 días, e os polos pasan entre 19 e 20 no niño.

editar

Entre a sinonimia desta ave temos os nomes de pega meiga (en Moraña), pega marceña (A Estrada), pega marza (común) e galo cresto (Becerreá).

O primeiro destes nomes, pega meiga, obedece á capacidade que se lle atribúe de prognosticar o futuro, como tamén á pega común: se a vemos arrancar o voo cara a dereita, anuncia boa sorte, pero se o fai cara a esquerda agoira mala sorte [4].

Co nome de gaio cereixeiro desígnase ó ouriolo [5].

  • Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio.
  • En maio, xa leva as cereixas o gaio [6].
  • Pola Santa Cruz de maio tapa o souto o rabo do gaio.

Galería

editar
  1. BirdLife International (2017): Garrulus glandarius na Lista vermella da UICN. Versión 2012-2. Consutada o 8 de decembro de 2021.
  2. gaio no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 Garrulus glandarius (Linnaeus, 1758) no GBIF.
  4. Elixio Rivas Quintas, 1978. O etnógrafo recolle a mesma crenza en Asturias: cando se vea unha pega hai que dicirlle: Pega, meiga, escaramochada, si non me das buena suerte, mátote mañana, e se sae voando pola dereita teremos boa sorte, pero se sae pola esquerda, será mala sorte.
  5. Elixio Rivas Quintas, 2001, s. v. galo.
  6. Eladio Rodríguez González, s. v. maio.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar