Morcego pequeno de ferradura

especie de morcego

O morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros) é a especie máis pequena do xénero Rhinolophus da rexión Paleártica; confúndeselle doadamante co Rhinolophus mehelyi e Rhinolophus euryale. Ten orellas grandes, cunha coloración dorsal parda máis ou menos escura e a parte ventral algo máis clara. As orellas e membranas alares sempre son máis escuras que o pelo do dorso. En estado de repouso envólvese totalmente coa membrana alar.

  • talle - corpo de 3,7 a 4,5 cm.
  • Envergadura - 19,2 a 29,5 cm.
  • Peso - de 4 a 7 g.
  • Voo - Altura media (4 a 5 m).
Morcego pequeno de ferradura

Rhinolophus hipposideros
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Superfamilia: Rhinolophoidea
Familia: Rhinolophidae
Subfamilia: Rhinolophinae
Xénero: Rhinolophus
Especie: R. hipposideros
Nome binomial
Rhinolophus hipposideros
(Beschstein, 1800)
Mapa de distribución
Mapa de distribución

Mapa de distribución
Subespecies
  • R. h. subsp. hipposideros, Berchstein, (1800).
  • R. h. subsp. escaleare, K. Andersen, (1918).
  • R. h. subsp. majori, K. Andersen, (1918).
  • R. h. subsp. midas, K. Andersen, (1905).
  • R. h. subsp. minimus, Heuglin, (1861).
  • R. h. subsp. minutus, Montagu, (1808).

Distribución editar

É unha especie paleártica, que se estende lonxitudinalmente dende Irlanda, polo oeste, ata Caxemira polo leste. Ten unha ampla distribución latitudinal, que abarca dende as zonas montañosas de Etiopía e o Sudán, ata o sur de Alemaña e Polonia.

Hábitat editar

É de marcado carácter cavernícola, prefire áreas de cuberta vexetal arbustiva e arbórea, con presenza de augas superficiais. É capaz de ocupar altitudes moi amplas, con límite superior de 2.000 metros.

A reprodución prodúcese en colonias maioritariamente de femias. Teñen unha soa cría anual e as femias son fértiles dende os dous anos.

Aliméntanse principalmente de dípteros e nematóceros, aínda que en ocasións capturan presas sobre o chan.

Ameazas editar

Como a todas as especies de morcegos, as ameazas máis comúns son a destrución do hábitat e o uso indiscriminado de pesticidas agrícolas e forestais.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar