Mergullete común
Mergullete común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En plumaxe da época reprodutora
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Podiceps ruficollis |
O mergullete común[2][3], ás veces chamado mergullón pequeno,[4][5][6] (Tachybaptus ruficollis) é unha ave acuática da familia dos podicipédidos. O nome do xénero procede do grego antigo takhus, 'rápido' e bapto, 'afundirse debaixo'. O nome específico ruficollis procede do latín rufus, 'vermello' e -collis, derivado de collum, 'pescozo'.[7]
Cos seus 23 a 29 cm de lonxitude é o membro europeo menor da súa familia. Atópase xeralmente en corpos de auga da maior parte da súa área de distribución.
Taxonomía
editarO mergullete común foi descrito polo naturalista alemán Peter Simon Pallas en 1764, que lle deu o nome binomial de Colymbus ruficollis.[8][9][10] O tricolored grebe foi considerado conespecífico, e algunhas autoridades taxonómicas aínda o consideran así. Hai seis subespecies recoñecidas actualmente, distinguidas principalmente polo tamaño e coloración.[11][12]
- T. r. ruficollis – (Pallas, 1764): a subespecie nominal, que se encontra desde Europa ao oeste de Rusia e cara ao sur ata o norte de África.[13]
- T. r. iraquensis – (Ticehurst, 1923): vive no sueste de Iraq e suroeste de Irán.[13]
- T. r. capensis – (Salvadori, 1884): atopado na África subsahariana, Madagascar, Sri Lanka e o subcontinente indio, espallándose cara ao leste ata Birmania.[13]
- T. r. poggei – (Reichenow, 1902): habita desde o sueste ao noroeste de Asia, Hainán, Taiwán, Xapón e illas Kuriles do sur.[13]
- T. r. philippensis – (Bonnaterre, 1790): atópase no norte de Filipinas.[13]
- T. r. cotabato – (Rand, 1948): en Mindanao, Filipinas.[13]
Descrición
editarO mergullete común é unha pequena ave acuática con bico agudo. O adulto é inconfundible en verán, predominantemente escuro na parte superior co seu pescozo, meixelas e flancos de intensa cor marrón avermellada e interior da boca amarelo brillante. A cor marrón avermellada é substituída por un gris amarronado escuro en aves que non teñen a plumaxe non reprodutora e os xuvenís.
As aves xuvenís teñen un bico amarelo cunha pequena punta negra, e raias negras e brancas nas meixelas e laterais do pescozo vistas desde abaixo. Este bico amarelo escurécese a medida que van tendo máis idade, e chega a ser negro na idade adulta.
En inverno, o seu tamaño, plumaxe beixe cun dorso e cabeza máis escuros, e a parte posterior con forma de “borla” permite unha fácil identificación destas especies. A chamada reprodutora do mergullete común, feita tanto en solitario coma en dúo, é un trilo repetido uit-uit-uit ou ui-ui-ui que soa como o rinchar dun cabalo.
Distribución
editarReprodúcese en pequenas colonias en zonas con moita vexetación de lagos de auga doce ao longo de Europa, gran pare de Asia e cara ao sur ata Nova Guinea e a maioría de África. A maioría das aves desprázanse a augas costeiras ou máis abertas, pero é soamente migratoria naquelas partes da súa área de distribución onde se conxelan as augas. Fóra da estación reprodutora trasládase a augas máis abertas, ocasionalmente aparecendo incluso en costas de pequenas baías.[1] En Galicia a ave é sedentaria e chegan individuos invernantes.[5]
Comportamento
editarO mergullete común é un nadador e mergullador excelente que persegue os peixes e invertebrados acuáticos baixo a auga. Aproveita a vexetación para agocharse eficazmente.
Como todos os mergullóns pequenos aniña na beira da auga, xa que as súas patas están situadas moi atrás no corpo e non pode camiñar ben. Xeralmente poñen de 4 a 7 ovos. Cando os adultos abandonan provisionalmente o niño adoitan ter coidado de cubrir os ovos con vexetción para que sexa menos probable que os detecten os predadores.[14] Os xoves deixan o niño e poden nadar pouco despois da eclosión, e os polos adoitan ser acarrexados sobre as costas dos adultos durante a natación.[15] Na India a especie reprodúcese durante a estación das chuvias.[16]
Galería
editar-
En plumaxe reprodutora
-
Niño no bordo do lago en Jodhpur, Raxastán, India
-
Cría
-
Ovos de mergullete común na colección do Museo de Wiesbaden
-
Ilustración. Obsérvese a posición moi traseira das patas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2017). "Tachybaptus ruficollis (amended version of 2016 assessment)". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 25 de decembro de 2018.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ "mergullete común". TERGAL. Consultado o 17 de abril de 2024.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Dicionario Digalego mergullón
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 341, 377. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Mayr, Ernst; Cottrell, G. William (1979). Check-list of Birds of the World. Volume (1 Second ed.). Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 143.
- ↑ Sherborn, C. Davies (1905). "The new species of birds in Vroeg's catalogue, 1764". Smithsonian Miscellaneous Collections 47: 332–341 [339 No. 281]. Includes a transcript of the 1764 text.
- ↑ Rookmaaker, L.C.; Pieters, F.F.J.M. (2000). "Birds in the sales catalogue of Adriaan Vroeg (1764) described by Pallas and Vosmaer". Contributions to Zoology 69 (4): 271–277. doi:10.1163/18759866-06904005.
- ↑ Ogilvie, Malcolm; Rose, Chris (2003). Grebes of the World. Bruce Coleman. ISBN 978-1-872842-03-5.
- ↑ Gill, F.; Donsker, D., eds. (2014). "IOC World Bird List (v 4.4)". doi:10.14344/IOC.ML.4.4.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 Clements, James (2007). The Clements Checklist of the Birds of the World (6th ed.). Ithaca, NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-4501-9.
- ↑ Prokop, Pavel; Trnka, Alfréd (2011). "Why do grebes cover their nests? Laboratory and field tests of two alternative hypotheses" (PDF). Journal of Ethology 29: 17–22. doi:10.1007/s10164-010-0214-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2019.
- ↑ Finn, Frank (1905). "Notes on the nesting of the Indian Dabchick". Bird Notes 4: 10–17.
- ↑ Dalgliesh, Gordon (1906). "Notes on the Indian Podicipedidae". The Avicultural Magazine 5 (2): 65–72.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mergullete común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mergullete común |
Ligazóns externas
editar- Blasco-Zumeta, Javier; Heinze, Gerd-Michael. "Little grebe" (PDF). Identification Atlas of Aragon's Birds. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2019.
- BTO BirdFacts - Mergullete común
- Grebes of the World de André Konter
- Información e ilustración sobre o mergullete común en A Field Guide to Birds of Armenia
- Folla de datos de BirdLife species para Tachybaptus ruficollis
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Mergullete común na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Mergullete común en VIREO (Universidade de Drexel)
- Tachybaptus-ruficollis - Gravacións de sons de Little grebe en Xeno-canto.