Coello
O coello[2] (ou coello europeo, para distiguilo doutras especies da familia), cientificamente Oryctolagus cuniculus, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos, a única do xénero Oryctolagus.[3][4]
Coello Oryctolagus cuniculus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Coello silvestre fotografado en Tasmania | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Oryctolagus cuniculus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Lepus cuniculus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Orixinario do suroeste de Europa (España, Portugal e o suroeste de Francia) e do noroeste de África (norte de Marrocos e de Alxeria),[5] onde aínda existe (cada vez menos) en estado salvaxe, existen tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola súa pel, usada para confeccionar vestiario.
Crese popularmente que a pata de coello é un amuleto de boa sorte. Hoxe en día é tamén frecuente criar coellos como animais de compañía.
Os coellos distínguense das lebres por seren altriciais.[6]
O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro dentes incisivos no maxilar superior e dous na mandíbula, que medran continuamente durante toda a súa vida. Nisto diferéncianse dos roedores, que posúen dous incisivos tanto no maxilar superior como no inferior. Os coellos teñen orellas longas, as patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas están revestidas dunha cuberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Dependendo da subespecie poden atinxir unha velocidade de 15 a 20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar. Os coellos viven entre 4 e 10 anos.
Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.
Taxonomía
editarDescrición
editar- Xénero
O xénero Oryctolagus foi descrito en 1873 polo zoólogo sueco Wilhelm Lilljeborg, en Sverig. Og Norges Ryggradsdjur, 1: 417.[7]
- Especie
A especie describiuna Carl von Linné na páxina 58 do volume 1º do seu Systema Naturae.[3]
Etimoloxía
editar- Xénero
O nome científico do xénero, Oryctolagus está formado polos elementos do latín científico orycto- e -lagus. O primeiro deriva do grego antigo ὀρύκτος orýktos, 'escavaor', termo tirado do verbo ὀρύσσω orýssō, 'escavar', e o segundo do substantivo do grego antigo λαγώς lagṓs, 'lebre'.[8] Literalmente: a lebre escavadora'.
- Especie
O epíteto específico tomouno Linnneo do latín clásico cunīculus, 'coello'.
Sinónimos
editar- Xénero
O xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[7]
- Cuniculus Meyer, 1790
- Especie
Os sinónimos cos que se coñeceu tamén a especie foron:[3]
- Lepus cuniculus Linnaeus (epónimo)
- Oryctolagus borkumensis Harrison, 1952
- Oryctolagus campestris (Meyer, 1790)
- Oryctolagus nigripes Bartlett, 1857
Subespecies
editarNa actiualidade recoñécense as subespecies seguintes:[7][9]
- Oryctolagus cuniculus algirus (Loche, 1858)
- Oryctolagus cuniculus brachyotus Trouessart, 1917
- Oryctolagus cuniculus cnossius Bate, 1906
- Oryctolagus cuniculus cuniculus (Linnaeus, 1758)
- Oryctolagus cuniculus habetensis Cabrera, 1923
- Oryctolagus cuniculus huxleyi Haeckel, 1874
Os coellos domésticos
editarCando os coellos están ben coidados son animais amigables e xoguetóns, son comúns en todo o mundo e téñense tanto en interior como en exterior.
Os mantidos en interior son máis sans e sociables xa que están a salvo dos seus depredadores naturais e de temperaturas extremas. Os mantidos en exterior necesitan un abrigo que sexa caloroso en inverno e un lugar que lles proporcione sombra no verán.
A temperatura ideal para os coellos domésticos oscila entre os 10 e 21 graos centígrados.
O coello na cultura
editarO coello é un animal presente na cultura popular como símbolo de fertilidade e asociado tamén á Pascua. Polo seu carácter de animal de presa parece que se presta como símbolo da inocencia e do ser que non desexa mal para outros. Ademais, utilízase con frecuencia como símbolo de sexualidade, baseado precisamente na imaxe de inocencia xunto coa súa reputación como enxendrador (como o logotipo da revista Playboy).
Tamén é un arquetipo popular do trampulleiro, que utiliza o seu enxeño para vencer os seus inimigos, como aparece nas fábulas centroeuropeas e no personaxe de Bugs Bunny. Ademais deste último, teñen aparecido moitos outros coellos antropomórficos na literatura, como o Coello Branco das aventuras de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll e nas novelas de Beatrix Potter.
Un dos doce animais do Zodíaco chinés é un coello.
Disque as patas de coellos traen sorte, polo que se levan como amuleto.
Na tradición xaponesa, os coellos viven na Lúa, onde fan mochi, un petisco a base de arroz. Esta idea parte da interpretación visual dos mares da lúa como un coello de pé nas puntas dos pés mirando cara a esquerda e traballando cunha manteigueira.
No manga Sailor Moon aparece un personaxe cuxo nome é Usagi (coello en xaponés).
O coello na cultura popular galega
editar- Artigo principal: O coello na cultura popular galega.
En Cambados, para curar a decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño durmirá despois cos ollos abertos.
- Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo.
- Inda o demo ten cara de coello!
- Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor.
- O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá.
- Ó abade vello, polos e coello.
- Ó coello fuxido, consello vido.
- Se os coellos morreran con palabras, cantos matabas.
-
Coello xuvenil axexando
-
Excrementos dun coello salvaxe
-
Trampa para coellos
Notas
editar- ↑ Smith, A. T. & Boyer, A. F. (2008):European Rabbit. Oryctolagus cuniculus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 21 de decembro de 2018.
- ↑ coello no Dicionario da RAG.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Oryctolagus Lilljeborg, 1873 en MSW.
- ↑ Oryctolagus Lilljeborg, 1873 no ITIS.
- ↑ "ADW: Oryctolagus cuniculus: INFORMATION". Animal Diversity Web.
- ↑ Chámanse altriciais ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha mobilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan precociais.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Oryctolagus Lilljeborg, 1873 en MSW.
- ↑ Oryctolagus no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
- ↑ Oryctolagus cuniculus (Linnaeus, 1758) no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coello |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coello |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Coello |
Bibliografía
editar- Harris, Stephen & Derek Yalden (2008): Mammals of the British Isles, 4th Revised edition. Londres: The Mammal Society. ISBN 0-9062-8265-9.
- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Oryctolagus cuniculus. European rabbit na ADW.
- Cony. Oryctolagus cuniculus (Linnaeus 1758) na EOL.
- Rabbit (Oryctolagus cuniculus) en ARKive.
- O coello en rios-galegos.com (en galego).
- Biología del conejo de monte (en castelán).