Playboy

revista de entretemento para adultos

Playboy é unha revista de entretemento para adultos fundada en 1953 por Hugh Hefner, que creceu en Playboy Enterprises, Inc. Playboy é unha das marcas máis coñecidas internacionalmente. Edicións especiais da revista foron publicadas en todo o mundo.

Playboy
PaísEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
CategoríaRevista pornográfica
Fundación1 de outubro de 1953
Primeira edicióndecembro de 1953
Circulación
ISSN0032-1478
Na rede
http://www.playboy.com
Facebook: playboy Twitter: Playboy Instagram: playboy Youtube: UCwxEQgH1SVxwOq-X0IHYpDg TikTok: playboy Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A revista publícase con periodicidade mensual e contén fotografías de muller espidas, xunto con varios artigos de moda, ou produtos de consumo, e tamén libros dalgúns escritores (por exemplo Arthur C. Clarke, Ian Fleming, Vladimir Nabokov, Margaret Atwood). A revista tamén contén opinións políticas en case todas as edicións.

Playboy utiliza elegantes fotos de espidos clasificadas como material para adultos. Visto o éxito que cultivou Playboy, a mediados da década de 1970 xurdiron outras revistas con contido erótico-pornográfico, destacando como principal rival a revista Penthouse.

Entrevistas Playboy editar

As entrevistas Playboy, cada mes é entrevistado alguén importante, volvéronse famosas polo seu estilo de confrontar e o proceso de longas entrevistas.

As entrevistas Playboy comezaron con Miles Davis en setembro de 1962 (Volume 9 Núm.. 9). Ao paso dos anos houbo entrevistas con Jimmy Carter, Fidel Castro, Ayn Rand, Malcolm X, Kurt Vonnegut, Bertrand Russell, Salvador Dalí, Martin Luther King Jr., Jean-Paul Sartre, Al Capone, George Wallace, Cassius Clay (Muhammed Ali), Madalyn Murray O'Hair, Orson Welles, Ralph Nader, Arthur C. Clarke, Yasser Arafat, Stephen Hawking, Shintaro Ishihara, Carl Sagan e John Lennon

Historia editar

A primeira portada foi Marilyn Monroe, aínda que a fotografía foi, en primeiro lugar, tomada para un calendario co nome de Playboy. Hefner comprou os dereitos da foto de Monroe xunto con outras.

A primeira edición, publicada en decembro de 1953, non tiña data, xa que Hefner estaba inseguro de se ía haber unha segunda edición. A primeira edición foi inmediatamente unha sensación e vendeuse sen problemas en poucas semanas. Coñecida a circulación, foi de 53.991 revistas.

O famoso logo Playboy dun coello cunha gravata elegante, foi deseñado por Art Paul para a segunda edición da revista, e desde entón aparece en cada número. Hefner di escoller ao coello pola súa simpática connotación, e porque na imaxe víase xoguetón e coqueto.

Desde estar na cima en 1970, Playboy tivo un lento declive no éxito de circulación, en parte por un mal investimento en clubs nocturnos e casinos e por outra banda pola forte competitividade dalgunhas outras compañías. A primeira rival foi Penthouse, nos anos setenta. Recentemente tamén compite coas revistas Maxim, FHM, e H para homes, da cal os creadores desta última copiaron a idea de facer o seu propio tipo de centerfold (en galego, póster central) coa facilidade de facelo "recortable" para que, opcionalmente, o lector o retire da revista e o poña nun lugar visible.

En resposta Playboy dedicou a revista a mozas de entre 18 e 35 anos, incluíndo entrevistas a personalidades máis apropiadas para esta audiencia, tal como artistas hip-hop.

Christina Hefner, filla de Hugh Hefner, converteuse na Oficial Cabeza Executiva, sendo Presidente do consello.

Prohibicións da venda de Playboy editar

En Singapur, a publicación está prohibida. No 2003, o comité revisou e concluíu que a revista non se vendería máis porque a poboación de Singapur non estaba lista para o uso liberal da sexualidade con fotos explícitas, utilizado en Playboy.

Récord editar

A revista Playboy máis vendida foi a de novembro de 1972, que vendeu 7.161.561 copias, tendo de playmate a Lenna Sjooblom.

Famosas editar

Algunhas famosas (cantantes, actrices, modelos etc.) que pousaron para Playboy, ou apareceron fotos súas na revista, a través dos anos:

Actrices:

Cantantes:

Deportistas:

Televisión:

Edicións internacionais editar

Véxase tamén editar