Lebre
Lebres Lepus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lebre europea (Lepus europaeus) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Lepus timidus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||
Subxéneros e Especies | |||||||||||||||||||
|
Reciben o nome común de lebres as especies do xénero Lepus, o tipo da familia dos lepóridos, sendo chamadas o resto "coellos" de forma común. Tal división dos lepóridos non é científica, pois non responde a unha realidade dende o punto de vista evolutivo, senón a observacións sobre o seu aspecto e hábitos.
Características
editarPolo xeral, dise que as lebres son os lagomorfos coas orellas e os ollos máis desenvolvidos, son máis lixeiras e veloces (algunhas especies chegan ata case os 80 km/h),[1] non constrúen coelleiras senón simples leitos nos acobillos do terreo e paren crías provistas de pelo e cos ollos abertos. Porén, existen excepcións a algúns destes trazos xerais, como por exemplo os coellos do xénero Sylvilagus, que non constrúen coelleiras como os coellos europeos, pero que non se consideran lebres.
Polo xeral as lebres son animais de figura lixeira e patas traseiras moi adaptadas para a carreira. As orellas, xeralmente longas, varían en lonxitude dunhas especies a outras, sendo máis longas e amplas naqueles animais que viven en climas desérticos como a lebre de California, chamada popularmente jackrabbit nos Estados Unidos, mentres que as que viven en climas fríos, como a lebre ártica, son proporcionalmente máis pequenas e aseméllanse ás dos coellos. Todas as especies posúen un oído moi agudo e probablemente é o principal sentido á hora de detectar aos seus eventuais depredadores, aínda que tamén dispoñen dunha boa vista e olfacto. Ao mínimo indicio de perigo o animal comeza unha frenética carreira que, nalgunhas especies como a lebre europea, inclúe constantes cambios de sentido e rodeos para confundir ao atacante.
A lonxitude e cor da súa pelaxe varía en cada especie, pero sempre adaptado para camuflarse coa contorna. A lebre ártica varía de cor cada ano, sendo parda en primavera e verán, gris en outono e branca en inverno. Son completamente vexetarianas e a súa dieta é similar á dos coellos.
As lebres son animais solitarios, aínda que non lles importa a presenza doutros conxéneres nos arredores do seu territorio. Tan só pelexan na época de cío (variable segundo as especies). As lebres europeas macho apenas comen durante este período de tempo (primavera) e pasan o día loitando cos seus rivais, golpeándose coas patas dianteiras nunha especie de boxeo ritual. En Inglaterra, o dito popular Estás máis tolo ca unha lebre marceira ten a súa orixe nesta conduta. Curiosamente, as femias que non aceptan emparellarse loitan cos pretendentes rexeitados do mesmo xeito que estes se desfán dos seus competidores.
O que todas as lebres teñen en común entre si é o feito de pariren crías (lebratos ou lebrachos) moi precoces e seren especies moi prolíficas. Paren entre 3 e 8 crías en cada parto e cada femia é capaz de producir máis de 4 camadas ao ano. Viven en todos os continentes, salvo Oceanía (aínda que en Australia foron introducidas recentemente) e na Antártida.
As lebres constitúen as presas de multitude de mamíferos carnívoros e aves de presa, e son unha especie de interese cinexético en todo o mundo. Nalgunhas zonas as lebres son transmisoras da tularemia, unha enfermidade infecciosa que tamén afecta aos humanos.
Diferenzas coas especies próximas
editarAs lebres son lagomorfos e non roedores. Distínguense deles pola dentición (os lagomorfos teñen dous pares de dentes incisivos no maxilar superior), así como pola ausencia de báculo (óso peneano).
No seo dos lagomorfos cómpre tamén diferenciar as chamadas "lebres verdadeiras" das picas, tamén denomionadas lebres asubiadoras ou lebres ananas, que se clasifican nunha familia diferente (a dos ocotónidos).
Tamén hai notables diferenzas cos coellos:
- As orellas son máis longas que a cabeza.
- O iris é amarelado.
- As uñas das dedas están fendidas.
- A xestación dura uns 40 días, contra os 31 dos coellos.
- Segundo es especiess, as lebres poden seren solitarias ou vivir en parellas monogamia.
- A súa dotación xenética consta de 48 cromosomas, contre os 44 dos coellos.
- O extremo da orella de todas as lebres é negra.
- Contrariamente aos coellos, as lebres non habitan nun tobo subterráneo. Descansan e crían os lebratos nun "niño" no solo, frecuentemente unha simple depresión que o animal profunda.[1] Os seus habitáculos subministran menos protección que os tobos dos coellos, especialmente con respecto á regulación da temperatura e á protección contra os depredadores; pero os lebratos nacen desprovistos de olor ao naceren.[1], e teñen un desenvolvemento moito máis rápido que os coellos xoves: nacen xa cubertos de pelo, poden ver desde o nacemento e poden resolver as súas necesidades moi rapidamente.
- Todas as lebres son animais salvaxes. Non existe ningunha especie doméstica. Porén, a súa crianza practícase amplamente, principalmente con fins de repoboación (especialmente para os coutos de caza).[2] e, hai anos, para aproveitar a súa pelaxe e a súa pel.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero Lepus foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.[3]
Etimoloxía
editar- Nome científico
Linneo tomou o nome Lepus do latín clásico lĕpus.
- Nome vulgar en galego
O termo lebre vén do latín clásico lĕpus ou, máis exactamente, do acusativo lĕpŏrem, do que procede *lĕpŏre do latín vulgar.
Sinónimos
editarAdemais do nome que lle impuxo Linneo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguints:[3]
- Allolagus Ognev, 1929
- Boreolagus Barrett-Hamilton, 1911
- Chionobates Kaup, 1829
- Eulepus Acloque, 1899
- Lagos Palmer, 1904
Clasificaión
editarNa actualidade, recoñécense dentro do xénero os subxéneros e especies seguintes:[3]
Xénero Lepus Linnaeus, 1758
- Subxénero Eulagus Gray, 1867 [4]
- Lepus castroviejoi Palacios, 1977
- Lepus comus Allen, 1927
- Lepus coreanus Thomas, 1892
- Lepus europaeus Pallas, 1778
- Lepus granatensis Rosenhauer, 1856 (incertae sedis)
- Lepus mandshuricus Radde, 1861
- Lepus starcki Petter, 1963
- Subxénero Indolagus Gureev, 1953 [5]
- Lepus hainanus Swinhoe, 1870
- Lepus nigricollis F. Cuvier, 1823
- Lepus peguensis Blyth, 1855
- Suxénero Lagus Linnaeus, 1758 [6]
- Lepus arcticus Ross, 1819
- Lepus othus Merriam, 1900
- Lepus timidus Linnaeus, 1758
- Subxénero Macrotolagus Mearns, 1895 [7]
- Lepus alleni Mearns, 1895
- Subxénero Poecilolagus Lyon, 1904 [8]
- Lepus americanus Erxleben, 1777
- Subxénero Proeulagus Gureev, 1964 [9]
- Lepus insularis W. Bryant, 1891
- Lepus tibetanus Waterhouse, 1841
- Lepus tolai Pallas, 1778
- Subxénero Sabanolagus Averianov, 1998 [10]
- Lepus fagan Thomas, 1903
- Lepus microtis Heuglin, 1865
- Subxénero Sinolagus Averianov, 1998 [11]
- Lepus sinensis Gray, 1832
- Subxénero TarimolagusGureev, 1947 (incertae sedis) [12]
- Lepus yarkandensis Günther, 1875 (incertae sedis)
Na Península Ibérica atópanse tres especies diferentes:
- Lepus europaeus (lebre europea) nos Pireneos e zonas limítrofes.
- Lepus granatensis (lebre ibérica) no resto da Península Ibérica. Conta cunha subespecie Lepus granatensis gallaecius (lebre galega).
- Lepus castroviejoi (lebre de piornal) nos montes de León e na zona oriental de Galicia.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 V. Battaglia: Lièvre Arquivado 22 de novembro de 2018 en Wayback Machine. en dinosoria.com:Consultada o 30 de decembro de 2018.
- ↑ Fédération des éleveurs de lièvres de France Arquivado 16 de abril de 2014 en Wayback Machine..
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Lepus Linnaeus 1758 en MSW.
- ↑ Lepus (Eulagos) Gray, 1867 no ITIS.
- ↑ Lepus (Indolagus) Gureev, 1953 no ITIS.
- ↑ Lepus (Lepus) Linnaeus, 1758] no ITIS.
- ↑ Lepus (Macrotolagus) Mearns, 1895 no ITIS.
- ↑ Lepus (Poecilolagus) Lyon, 1904 no ITIS.
- ↑ Lepus (Proeulagus) Gureev, 1964 no ITIS.
- ↑ Lepus (Sabanolagus) Averianov, 1998 no ITIS.
- ↑ Lepus (Sinolagus) Averianov, 1998 no ITIS.
- ↑ Lepus (Tarimolagus) Gureev, 1947 no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lebre |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lebre |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Lebre |
Bibliografía
editar- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.