A expresión Incertae sedis (en latín"con posición incerta") é utilizada en taxonomía para indicar a incapacidade de estabelecer a posición exacta dun taxon (Orde, Familia, Xénero e/ou Especie) dentro da clasificación[1]. Pode usarse de forma abreviada como 'inc. sed.'.

A súa necesidade reflicte a parcialidade do coñecemento sistemático, e unhas das razóns que se esconden detrás do seu uso está máis na falta de acordo entre os especialistas da área, que na carencia de información e suposicións sobre o grao de parentesco. O seu uso é provisorio e dura o tempo necesario para reunir probas das relacións do taxon e estabelecer un consenso entre os especialistas ao respecto do posicionamento do taxon na clasificación vixente.

Razóns para a consideración dun grupo como incertae sedis

editar

Entre as principais razóns para que un grupo poida ser considerado incertae sedis están:

  • Non inclusión ou escaseza de material para análise: se unha análise filoxenética formal é coñecida pero non inclúe un determinado taxon, os autores poden optar por rotular o taxon como incertae sedis en vez de facer suposicións en cuanto a súa posición. Isto é particularmente común, cando as filoxenias moleculares son construídas por análise de tecidos, e a obtención de material de certos organismos fora de difícil aceso. É tamén un escenario común cando taxons fósiles son analizados, e a escaseza de material para comparacións e determinación do grao de parentesco se torna difícil, adoptándose entón a posición incertae sedis. Por exemplo: Zielan-Jaworowska e colaboradores descubriron un novo espécime fósil en 2007, o Argentodites coloniensis, mentres, non foi posible a determinación dun posicionamento taxonómico máis profundo, o taxon foi posto na orde Multituberculata e suborde Cimolodonta, pero non foi posible a determinación da familia.
  • Controversia: ocorre cando hai resultados en conflito ou falta de consenso por parte dos especialistas, no grao de parentesco de determinado taxon. O incertae sedis é utilizado até que o conflito sexa resolvido. Por exemplo, o Eurotamandua jonesi Storch, 1981 é un taxon controvertido; foi asignado como un Xenarthra polo seu descubridor Storch (1981) e seguido por diversos autores: Storch e Habersetzer (1991), e Rose e Emry (1993); mentres, Shoshani et al. (1997), argumentaron que o Eurotamandua era un Pholidota e non un xenartro. Outros estudos seguiron situando o taxon como basal no grupo Eutheria (Gaudin e Branham 1998; Szalay e Schrenk 1998), até que Rose (1999) situou o Eurotamandua xunto co primitivo grupo Palaeanodonta, chegando entón á un consenso. Outra especie enigmática, é a Sapayoa aenigma, ave colombiana que Sibley e Monroe (1990) situaron nunha infraorde separada Incerta Sedis, nunha posición basal aos suboscines (Tyrannida) do Novo Mundo, mentres ela non amosa estar emparentada nin cos suboscines do Vello Mundo nin cos do Novo Mundo. Varias traballos científicos xa foron publicados sobre a súa posible inserción, entrementres ningún deles chegou a un consenso (Sibley e Alquist 1990; Sibley e Monroe 1990; Fjeldsa et al. 2003; Kemp e Sherley 2003; Chesser 2004; Irestedt et al. 2006).
  • Posición basal: é unha tendencia en crecemento entre os taxonomistas, colocar un taxon basal nun clado que conteña os seus devanceiros, para absterse de darlle unha posición mais específica dentro da taxonomía. Por exemplo, os ancestrais de todos os primates sitúanse dentro da orde Primates, pero non se delimitan en ningunha familia específica (como Lemuridae ou Hominidae), visto que son igualmente emparentados con todos os membros da orde.

Bibliografía

editar
  1. [1] Departmento de Agricultura dos Estados Unidos
  • Amorim, D. S. (2002). Fundamentos de Sistemática Filogenética. Holos, Ribeirão Preto – São Paulo.
  • Kielan-Jaworowska, et al. (2007). First ?cimolodontan multituberculate mammal from South America. Acta Palaeontologica Polonica, 52 (2): 257-262.
  • Bergqvist, et al. (2004). The Xenarthra (Mammalia) of São José de Itaboraí Basin (upper Paleocene, Itaboraian), Rio de Janeiro, Brazil. Geodiversitas, 26 (2): 323-337.
  • Fjeldsa, et al. (2003). Sapayoa aenigma: a New World reprentative of ‘Old World suboscines’. Pro. R. Soc. Lond. 270: 2348-241.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar