Lebre ártica

(Redirección desde «Lepus arcticus»)

A lebre ártica (ou lebre do ártico), Lepus arcticus, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, que está pefectamente adaptada para vivir na tundra ártica e outros biomas de clima extraodinariamente frío das rexións circumpolares do hemisferio norte.

Lebre ártica
Lepus arcticus

Lebre ártica
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Xénero: Lepus
Especie: L. arctica
Nome binomial
Lepus arctica
Ross, 1819
Área de distribución da lebre ártica
Área de distribución da lebre ártica

Área de distribución da lebre ártica
Subespecies
Véxase o texto
Grupo de lagres árticas na illa Ellesmere, Canadá.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1819 polo almirante, explorador e naturalista escocés John Ross,[2][3] en Voy. Discovery, II, ed. 2, App. IV: 170.[2]

Subespecies

editar

Disúnguense catro subespecies desta lebre:[2][3]

  • Lepus arcticus arcticus Ross, 1819
  • Lepus arcticus bangsii Rhoads, 1896
  • Lepus arcticus groenlandicus Rhoads, 1896
  • Lepus arcticus monstrabilis Nelson, 1934

Característricas

editar

A lebre ártica ten as orellas e as extremidades relativamente curtas, o fociño pequeno. Parécese na forma corporal aos coellos, pero ten as orellas proporcinalmente máis curtas, é máis alta cando está de pé e, a diferenza dos coellos, poden prosperar no frío extremo, grazas á graxa (que constiúe o 20 % do seu corpo) e á súa grosa capa de pelaxe, que lle pemiten manterse quente.[4] A pelaxe é totalmente branca durante a primavera e o verán, e se torna, especialmente nos individuos que viven mas ao sur, á gris apardazada.[5][6]

Dimensións

editar

A lebre ártica é un dos lagomorfos vivos máis grandes. Por termo medio, esta especie mide de 43 a 70 cm de longo, sen contar a lonxitude da cola, de 4,5 a 10 cm.[5][7]

A súa masa corporal adoita ser de entre 2,5 e 5,5 kg, aínda que os individuos máis grandes poden pesar até os 7 kg.[5][7]

Bioloxía

editar

Hábitat e distribución

editar
 
Legre ártica en Groenlandia.
 
Pegadas de lebre ártica sobre a neve.
 
Lebre ártica en pelaxe de verán, no Canadá.
Hábitat

A lebre ártica encóntrase en tundras, montañas, mesetas rochosas, dese o nivel do mar até os 900 m de altura. Nestes lugares a temperatura media diaria de marzo a novembro é de -26,9 °C, e a altura media da neve de 37,5 cm.[5][6]

Distribución

Distribúese polas rexións máis setentrionais da Federación Rusa, Escandinavia, Groenlandia, as illas árticas canadenses (incluída a illa Ellesmere, a máis setentrional) e no norte do Canadá, chegando polo sur ao Labrador e Terra Nova.[5]

Costumes

editar

Aínda que ocasionalmente a lebre ártica interactúa con outros membros da especie e pode formar grandes grupos, ás veces de varias ducias de espécimes ou máis, xeralmente é solitaria fóra da temporada de reprodución. As lebres árticas son terrestres e móevense correndo e saltando. Cando están ameazadas, póñense ergueitas sobre as patas traseiras, mantenndo un membro anterior pegado ao seu corpo. Teñen a capacidade de saltar nesta postura, que crea pegadas na nieve que parecen que as fixera un animal de tres patas. Son bons nadadoras e corren moi rápido, alcanzando velocidades de até 60 km/h. Poden escavar na neve para buscar comida.[4][5][8][9]

As lebres árticas son nocturnas, aínda que durante os meses de inverno descansan máis esporadicamente ao longo do día. Cando están en grupo, mentres descansan, un individuo permanece desperto para vixiar. Comunícanse entre si a emitindo estalos, facendo boxeo, rañándose e recostándose. O macho e a femia mostran afecto lamendo ou rañando.[5][10]

Alimentación

editar

A lebre ártica é un animal herbívoro. Aliméntase principalmente de follas, flores, brotes e bagas de pequenas plantas leñosas, especielmente de salgueiros, que constitúen o 95 % da súa dieta durante todo o ano. Pero tamén comen liques e musgos, ramiñas, raíces, e algas (algas). A súa dieta é máis diversa en verán. Informouse de que as lebres árticas comen carne ocasionalmente, incluídos peixes e o contido dos estómagos de renos eviscerados. Conseguen a auga comendo neve.[4][5]

Reprodución

editar

As lebres árticas forman parellas diferentes cada temporada de reprodución. Os machos atraen ás femias por contacto físico, como rañalas e lamelas, seguindo á femia até que se produce o apareamento. Os machos poden ser bastante agresivos durante a cópula, e poden morder o pescozo da femia até facela sangrar. Até que nazcan as crías a parella permanece unida, a miúdo afastándose doutras lebres. Ao naceren as crías, os machos adoitan deixaren á súa parella para buscaren outra.[5][8]

A época da reprodución é na primavera (abril ou maio). As femias teñen, como media, unha camada por ano, pero poden ter dúas. As camadas varían de 2 a 8 lebratos, a difereza doutros membros do xénero Lepus, nos que as camadas son de 1 a 4 crías. O período de xestación é de, aproximadamente, 50 días, e o lebratos adoitan nacer en maio ou xuño, pesando ao nacer uns 105 g. Os xuvenís independízanse ao cabo de 2 a 3 semanas, pero permanecen cerca da nai até o desleite, que ocorre 8 ou 9 semanas despois do nacemento. Alcanzan a madurez sexual aos 315 días de idade.[5][9]

Depredadores

editar

As lebres árticas están ben adaptadas para evitaren os depredadores. Durante o inverno, a súa pelaxe branca se confunde coa neve e actúa como camuflaxe. Durante a primavera e o verán, en que a súa pelaxe é de cor gris apardazada, que tamén se semella á do solo e o hábitat circundante. Uns poucos días despois do nacemento, as joves lebres árticas poden defenderse agochámdse ou permanecendo inmóbiles. A medida que maduran, vólvense incribelmente áxiles e xa poden correr á súa "velocidade de cruceiro" (até os 64 km/h), o que lles permite superar aos depredadores. Os seus principais depredadores son o raposo ártico (Vulpes lagopus), o raposo (Vulpes vulpes), o can (Canis lupus), o lince do Canadá (Lynx canadensis), o armiño (Mustela erminea), o bufo nival (Bubo scandiacus), o falcón albar (Falco rusticolus), o Buteo lagopus e o home (Homo sapiens).[5][6]

Status

editar

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), Lepus arcticus é unha especie moi estendidam e as súas poboacións parecen seren estábeis, en xeral (aínda que parece na actualidade hai poucos rexistros). As poboacións do sur da súa área de dispersión poden estar suxeitas á perdida de hábitat, quizais tamén polo cambio climático, aínda que isto é especulativo. Por iso cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 Murray, D. & Smith, A. T. (2008): Lepus arcticus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultado o 28 de decembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 Lepus (Lepus) arcticus Ross, 1819 en MSW.
  3. 3,0 3,1 Lepus arcticus Ross, 1819 no ITIS
  4. 4,0 4,1 4,2 "Arctic Hare". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 28 de decembro de 2018. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Best, T. & T. Henry (1994): "Lepus arcticus!. Mammalian Species, 457: 1-9.
  6. 6,0 6,1 6,2 Small, R., L. Keith & R. Barta (1991): "Dispersion of introduced arctic hares (Lepus arcticus) on islands off Newfoundland's south coast". Canadian Journal of Zoology, 69 (10): 2618-2623.
  7. 7,0 7,1 Burnie D. & Wilson, D. E., eds. (2017): Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife, 3rd. DK Publishing. ISBN 978-1-4654-6410-1.
  8. 8,0 8,1 Hearn, B.; L. Keith & O. Rongstad (1987): "Demography and ecology of the Arctic hare (Lepus arcticus) in southwestern Newfoundland. Canadian Journal of Zoology, 65 (4): 852-861.
  9. 9,0 9,1 Swihart, R. (1984): "Body size, breeding season length, and life history tactics of lagomorphs". Oikos, 43 (3): 282-290.
  10. Klein, D. & C. Bay (1994): "Resource partitioning by mammalian herbivores in the high Arctic". Oecologia, 97 (4): 439-450.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar