Exploración
acto de buscar ou viaxar ao redor dun terreo co propósito de facer descubrimentos
(Redirección desde «Explorador»)
A exploración é o acto de buscar e viaxar co propósito de descubrir, por exemplo, rexións descoñecidas, incluíndo o espazo exterior (exploración espacial), ou petróleo, gas, carbón, auga (prospección) ou información.
A exploración existe dende que existen os seres humanos, pero o seu punto máximo tivo lugar na Era dos descubrimentos cando os navegadores europeos viaxaron por todo o mundo.
Nas ciencias, a exploración e un dos propósitos da investigación (sendo os outros dous a descrición e a explicación). A exploración é o intento de desenvolver un entendemento rudimentario inicial dun fenómeno.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exploración |