Lepóridos

Familia de lagomorfos
Lepóridos
Leporidae
Lebres e coellos

Rango fósil: eoceno - actualidade
48,6 - 0 Ma.[1]

Lebre ártica
(Lepus arcticus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Fischer, 1817
Xéneros
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A dos lepóridos (Leporidae) é unha das dúas familias de mamíferos que se integran na orde dos lagomorfos (a outra é a dos ocotónidos).

Coello europeo (Oryctolagus cuniculus).

A familia comprende unhas cincuenta especies agrupadas en once xéneros, que son coñecidas vulgarmente como lebres e coellos.[2]

O coello europeo (Oryctolagus cuniculus) é a especie máis difundida no mundo, e a única que foi domesticada polo home.

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1817 polo anatomista, entomólogo e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, 5: 372.[3]

Etimoloxía editar

O nome científico da familia, Leporidae, está formado, como é norma, pola raíz do xenitivo, leporis, do nome do xénero tipo, Lepus, á que se lle engade o sufixo do latín científico -ĭdae, empregado para construír os nomes das familias de animais.

Xéneros editar

Na familia recoñécense os once xéneros seguintes:[3][4]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome que lle adxudicou Fischer, e actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[3]

  • Bunolagini Averianov, 1999
  • Lagidae Schultze, 1897
  • Leporidae Gray, 1821
  • Leporinorum Fischer, 1817
  • Oryctolaginae Gureev, 1948
  • Pentalaginae Gureev, 1948

Nomes comúns editar

O nome común coello designa normalmente a calquera das especies da familia, con excepción das do xénero Lepus, ás que se coñece como lebres. Este último xénero caracterízase pola precocidade das crías, que son capaces de correr e de alimentárense por si mesmas desde o momento do nacemento, teñen as orellas e os ollos máis desenvolvidos, son máis veloces na carreira (algunhas especies chegan aos 70 km/h), non constrúen tobos senón simples encamamentos en engrobas do terreo, e paren crías provistas de pelo e cos ollos abertos. As especies do xénero Pronolagus son denominadas indistintamente lebres ou coellos.

Anatomía editar

Os lepóridos teñen un corpo de conformación atlética, coas extremidades posteriores moi fortes, que lles permiten impulsarse con velocidade realizando saltos e acrobacias rechamantes. O seu esqueleto é fino e fráxil aos golpes; palpándolles o dorso pódense apreciar as apófises espiñosas. A cola adoita ter a zona ventral máis clara que o resto do corpo, sendo capaces de comunicárense con rápidos movemientos desta. As extremidades anteriores son máis finas. Sérvenlles na fuxida xa que grazas a elas poden realizar cambios bruscos de dirección. A cabeza caracterízase polas orellas longas. Na boca presentan dúas fileiras de dentes incisivos. Nos ollos teñen unha terceira pálpebra semitransparente que, nas pelexas dos machos polo apareamento impide a entrada de area ou lesións na pupila. A pelaxe é fina e sedosa, cos pelos de lonxitude variábel segundo as especies.

Bioloxía editar

Os lepóridos habitan todo o mundo salvo algunhas illas oceánicas e a Antártida. Son animais herbívoros de gran plasticidade ecolóxica e que se reproducen a gran velocidade, polo que son unha peza cinexética común en todo o globo e presa habitual de moitos mamíferos carnívoros (linces, lobos, raposos, mustélidos, osos, así como de varias aguias).

Evolución editar

 
Cranio de Serengetilagus praecapensis. Naturkundemuseum, Berlín.

As especies de lepóridos máis antigas que se coñecen datan do eoceno tardío, momento no que a familia xa estaba presente en América do Norte e Asia. Ao longo da súa evolución, o grupo foise adaptando cada vez máis ás rápidas carreiras e aos saltos. Por exemplo, Palaeolagus, un coello extinto do oligoceno de América do Norte, tiña as patas traseiras máis curtas que as formas modernas (o que indica que corría en lugar de saltar) aínda que na maioría dos demais aspectos era bastante parecido a un coello actual. [5]

Dous achados de fósiles, aínda sen nome, datados en hai uns 48 Ma (na China) e nuns 53 Ma (na India), aínda que primitivos, mostran o nortello leporínico característico, o que indica que a diverxencia dos ocotónidos e os lepóridos foi máis antiga do que se pensaba.[6]

O cladograma que se mostra, de Kraatz et al. (2015), está baseado en análises xenéticas de ADN mitocondrial e nucler.[7]

Leporidae

Nesolagus

Poelagus

Pronolagus

Romerolagus

Sylvilagus

Brachylagus

Caprolagus

Oryctolagus

Bunolagus

Lepus

Notas editar

  1. Family Leporidae Fischer de Waldheim 1817 (rabbit) Arquivado 21 de decembro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  2. lepóridos no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 3,2 Leporidae Fischer, 1817 en MSW.
  4. Leporidae Fischer, 1817 no ITIS.
  5. Savage, R.J.G.; Long, M.R. (1986). Mammal Evolution: an illustrated guide. New York: Facts on File. pp. 128–129. ISBN 0-8160-1194-X. 
  6. Handwerk, Brian (21 de marzo de 2008). "Easter Surprise: World's Oldest Rabbit Bones Found". National Geographic News (National Geographic Society). 
  7. Kraatz, Brian P.; et al. (2015). "Ecological correlates to cranial morphology in Leporids (Mammalia, Lagomorpha)". PeerJ 3: e844. PMC 4369340. PMID 25802812. doi:10.7717/peerj.844. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar