Baltimore

cidade do estado estadounidense de Maryland

Baltimore é unha cidade do estado de Maryland, Estados Unidos. En 2007 tiña unha poboación de 637 455 habitantes. Debe o seu nome a Cæcilius Calvert, 2º Barón Baltimore. A cidade forma parte da área metropolitana Baltimore-Washington. O porto de Baltimore é un dos máis importantes da costa leste americana.

Baltimore
Vistas da cidade
Localización
Baltimore en Estados Unidos
Baltimore
Baltimore
Baltimore en Maryland
Baltimore
Baltimore
País Estados Unidos de América
EstadoMaryland
CondadosBronx, Brooklyn, Manhattan, Queens e Staten Island
Xeografía
Altitude10 msnm
Superficie238,4 km²
Demografía
Poboación621 342 hab. (2012)
Densidade2 962,6 hab/km²
XentilicioBaltimorean
Outros datos
Código postal21201–21231, 21233–21237, 21239–21241, 21244, 21250–21252, 21263–21265, 21268, 21270, 21273–21275, 21278–21290, 21297–21298
AlcaldeStephanie C. Rawlings-Blake (D)
Páxina Oficial de Baltimore

Historia editar

 
Faro de Baltimore

Durante o século XVII fundáronse varias localidades co nome de Baltimore no norte da baía de Chesapeake. A actual localización data de 1729, Baltimore medrou rapidamente durante mediados do século XIX como o graneiro do azucre que se producía nas colonias do Caribe. Durante a guerra de 1812 os británicos atacaron Fort McHenry, situado no porto de Baltimore, con ese motivo escribiuse o poema co texto que logo se convertería no texto do himno norteamericano, The Star-Spangled Banner. En 1851 deuselle o título de cidade independente, polo que non pertence a ningún condado. O 7 de febreiro de 1904 o lume destruíu 1 500 edificios.

Xeografía editar

Baltimore está no centro norte do estado de Maryland, á beira do río Patapsco preto da súa desembocadura na baía de Chesapeake. A cidade localízase nunha discordancia entre a chaira de Piedmont e a chaira costeira do Atlántico, que divide Baltimore na "cidade baixa" e na "cidade alta", nun rango que vai do nivel do mar ata os 480 m no nordeste nas proximidades de Pimlico.[1]

Segundo o censo de 2010, a cidade ten unha superficie total de 239 km 2, 210 de terra e 29 de auga.[2]

Baltimore está case completamente rodeada polo condado de Baltimore, tan só polo sur limita co condado Anne Arundel.

Irmandamentos editar


 
Imaxe da baía e o porto de Baltimore.

Notas editar

  1. "Highest and Lowest Elevations in Maryland's Counties". Maryland Geological Survey. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2007. 
  2. United States Census Bureau, ed. (22 de agosto de 2012). "2010 Census Gazetteer Files". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
 
Nova York
 
Os Ánxeles
 
Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[1]


  1. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017