Salerno
Coordenadas: 40°41′0″N 14°46′0″L / 40.68333, -14.76667
Salerno[1] é unha cidade e comuna italiana da rexión de Campania (no suroeste de Italia) e é a capital da provincia homónima. Localízase no Golfo de Salerno do Mar Tirreno.
Salerno | |
---|---|
![]() | |
Vistas da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Campania |
Provincia | Provincia de Salerno |
Xeografía | |
Altitude | 4 msnm |
Superficie | 58,96 km² |
Demografía | |
Poboación | 133 199 hab. (2014) |
Densidade | 2 300 hab/km² |
Xentilicio | Salernitano/a |
Outros datos | |
Código postal | 84121 a 84135 |
Alcalde | Vincenzo Napoli (PSI) |
Páxina oficial |
Historia Editar
Foi unha antiga cidade na costa norte do golfo de Paestum, no actual golfo de Salerno. A súa orixe é descoñecida e non se sabe nada do seu período anterior ó romano.
A colonia romana estabeleceuse no -197. Tito Livio menciónaa como Castrum Salerni,[2] o que indica que xa existía unha fortaleza. Algúns picenos (supostamente os das cidades de Picenum que estiveran a prol de Aníbal) estabelecéronse alí. A cidade non acadou demasiada importancia e o territorio foi coñecido como Ager Picentinus e o pobo asentado alí como "picentes".
Na Guerra Social foi ocupada polo xeneral samnita C. Papius, pero é a única vez que o seu nome volve a aparecer na historia. Tiña un bo clima e Horacio di que lla recomendaron pola súa saúde. Foi municipio baixo o Imperio pero conservou o título de colonia de acordo coas inscricións.
Despois da caída do imperio, pasou sucesivamente a mans de Odoacro, os ostrogodos e os bizantinos, e conquistada polos longobardos formou parte do Ducado de Benevento (646).[3] Nesta época foi sede dun bispado.
A guerra civil no ducado de Benevento levou á división do país e ó estabelecemento do Principado de Salern oficializado en 849.[4] Existiu até a conquista normanda en 1077.[5]
No século X tivo unha famosa escola de medicina (Schola Salernitana). A cidade formou parte despois de 1077 do ducado normando de Pulla-Calabria. Posteriormente foi doada ós Colonna, Orsini e Sanseverino, e seguiu o mesmo destino de Nápoles e Dúas Sicilias pasando a Italia en 1861.
Os aliados desembarcaron na cidade en setembro de 1943 e en febreiro de 1944 instaurouse na cidade o goberno do mariscal Pietro Badoglio.[6]
Notas Editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salernitano.
- ↑ Packard, David W. (1968). A Concordance to Livy (en inglés). vol.1. Harvard University Press. pp. 134, 837.
- ↑ Rosser, John H. (2001). Historical Dictionary of Byzantium (en inglés). Scarecrow Press. p. 54. ISBN 9780810866218.
- ↑ Emerick, Judson. The Tempietto del Clitunno near Spoleto (en anglès). Penn State Press. p. 404. ISBN 0271044500.
- ↑ Partner, Peter (1972). The Lands of St. Peter: The Papal State in the Middle Ages and the Early Renaissance (en inglés). University of California Press. p. 130. ISBN 0520021819.
- ↑ Finkelstein, Monte S. (1998). Separatism, the Allies and the Mafia: The Struggle for Sicilian Independence, 1943-1948 (en inglés). Lehigh University Press. p. 32. ISBN 9780934223515.