Pietro Badoglio, nado en Grazzano Monferrato o 28 de setembro de 1871 e finado no mesmo lugar, rebautizado como Grazzano Badoglio na súa honra, o 1 de novembro de 1956, foi un político e militar italiano. Mariscal do exército, substituíu a Benito Mussolini como presidente do Consello de Ministros de Italia tras o golpe de estado do 25 de xullo de 1943, e conduciu a Italia a que saíse da segunda guerra mundial.

Modelo:BiografíaPietro Badoglio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1871 Editar o valor en Wikidata
Grazzano Badoglio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Grazzano Badoglio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Minister of Italian Africa of the Kingdom of Italy (en) Traducir
24 de febreiro de 1944 – 18 de xuño de 1944
← Melchiade GabbaIvanoe Bonomi →
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Italy (en) Traducir
11 de febreiro de 1944 – 17 de xuño de 1944
← Raffaele GuarigliaIvanoe Bonomi →
Prime Minister of the Kingdom of Italy (en) Traducir
25 de xullo de 1943 – 17 de xuño de 1944
← Benito MussoliniIvanoe Bonomi →
Embaixador
Senador do Reino de Italia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, diplomático, militar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1892 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de Italia Editar o valor en Wikidata
Rama militarRegia Aeronautica Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariscal Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
Segunda guerra ítalo-etíope
segunda guerra mundial
Pacificação da Líbia (pt) Traducir
Guerra Ítalo-Turca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuke of Addis Abeba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosMario Badoglio Editar o valor en Wikidata
PaisMario Badoglio Editar o valor en Wikidata  e Antoinetta Pittarelli Editar o valor en Wikidata
ParentesPietro Badoglio, neto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX842737 Discogs: 5202099 Find a Grave: 65114738 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezos

editar

Naceu en Grazzano Monferrato, unha pequena localidade da rexión do Piemonte, de pai terratenente e nai burguesa. Despois de estudar na Academia Militar de Turín, serviu no Exército desde 1892, primeiro como tenente de artillaría durante as campañas de Eritrea (1896) e Libia (1912), onde se distinguiu na Batalla de Zanzur.

Ao inicio da participación do Reino na primeira guerra mundial tiña o grao de tenente coronel, ascendendo despois ao de xeneral polos seus servizos na toma do Monte Sabotino en maio de 1916. En 1918 xa era axudante do comandante en xefe, a pesar de ser parcialmente responsable do desastre en Caporetto do 24 de outubro de 1917.

Entreguerras

editar

Durante a posguerra foi elixido senador, aínda conservando o seu grao militar, o que lle permitiu desempeñar cargos especiais en Romanía e Estados Unidos en 1920 e 1921. Foi nun primeiro momento opositor ao réxime de Benito Mussolini, aínda que logo apoiouno. Nesta estapa foi designado embaixador no Brasil, para despois regresar a Italia e ocupar o cargo de xefe do Estado Maior do Exército a partir do 4 de maio de 1924. Entre 1929 e 1933 foi destinado como gobernador de Tripolitania. En 1936 substituíu o xeneral Emilio de Bono á fronte da invasión de Etiopía. Autorizou a utilización de gas mostaza contra o inimigo e finalmente conquistou Adís Abeba, o que supuxo a fin desta guerra. Polo seu logro foi nomeado duque de Adís Abeba, de onde exerceu como vicerrei.

Segunda guerra mundial

editar

Opúxose ao acordo do Pacto de Aceiro coa Alemaña nazi, xa que consideraba improbable a posibilidade dunha vitoria en caso de guerra. Unha vez comezada a contenda, renunciou en decembro de 1940 ao seu cargo como resultado do pobre papel desempeñado polas tropas italianas na invasión de Grecia. Xerarcas fascistas acusárano de ser o responsable do fracaso da ofensiva italiana en Grecia e, tras tratar de solicitar en balde o apoio do rei mediante un simulacro de dimisión o 27 de novembro de 1940, cesou como xefe do Estado Maior italiano poucos días máis tarde.[1] Substituíuno no cargo o xeneral Ugo Cavallero.[2]

Rendición italiana

editar

Tras o desembarco angloamericano en Sicilia do 9 de xullo de 1943, o país viuse conmocionado pola noticia. Isto provocou a crise do goberno fascista que desembocaría o 25 de xullo, tras unha reunión do Gran Consello Fascista, na destitución de Mussolini como presidente do goberno por parte do rei Víctor Manuel III, que nomeou no seu lugar a Badoglio. As súas primeiras medidas foron declarar a lei marcial, ademais de iniciar negociacións directas e secretas cos Aliados, que se levaron a cabo en Lisboa, co fin de chegar a un armisticio.

O 8 de setembro, Estados Unidos fixo público (obviando as súplicas de Badoglio) o armisticio asinado en segredo por Italia cinco días antes. A oposición de Badoglio debíase á perigosa situación na que se atopaba Italia, xa que era consciente de que as proximidades de Roma e os arredores de lugares estratéxicos do territorio italiano aínda non ocupado polos Aliados (Italia central e setentrional) eran controlados por tropas alemás.[3]

Ese mesmo día, ás 19:45, Badoglio dirixiuse por radio á nación para dar a coñecer o armisticio. Á noitiña, a familia real e parte do goberno decidiron fuxir a Pescara por temor á reacción alemá. Desde alí a Mariña transportounos a Brindisi a bordo da fragata Baionetta, onde se estableceu unha nova sede baixo protección aliada. O 8 de xuño de 1944, tras a liberación de Roma, o Comité de Liberación Nacional solicitou a substitución de Badoglio como presidente do goberno por estar intimamente ligado co réxime fascista. Foi substituído á fronte do goberno por Ivanoe Bonomi, que xa ocupara tal cargo entre 1921 e 1922.

Últimos anos

editar

Tras a súa substitución como presidente do goberno, Badoglio retirouse da vida pública e faleceu en 1956 na súa localidade natal, Grazzano Monferrato, que en 1939 fora rebautizada como Grazzano Badoglio na súa honra.

  1. Cervi 1972, p. 171.
  2. Cervi 1972, p. 172.
  3. Rick Atkinson (2007), pp. 192-197

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar