Gobernador, gobernadora

cargo político

O gobernador é o xefe da administración gobernamental nalgúns dos estados, provincias ou dependencias administrativas que constitúen países con goberno republicano.

Características

editar

Países federados como Estados Unidos ten un gobernador na cabeza de cada un dos estados que a conforman, pero tamén países conformados nun estado unitario como Turquía teñen gobernadores nas súas provincias.

A tarefa do Gobernador abarca numerosas funcións:

  • Executar as tarefas do Goberno Interior, fundamentalmente as destinadas a manter na provincia a orde pública e a seguridade dos seus habitantes e bens.
  • Permitir xuntas ou reunións en lugares de uso público.
  • No territorio que conforma a súa xurisdición, pode requirir o apoio da Forza Pública.
  • Tomar as medidas necesarias para previr e enfrontar urxencias.
  • Seguindo as instrucións do Intendente, exerce a vixilancia dos servizos públicos existentes na provincia.