Abrir o menú principal

A lei marcial é un estado de excepción de aplicación das normas legais ordinarias, normalmente regulamentado na Constitución do Estado, polo que se lle outorgan facultades extraordinarias ás forzas armadas ou á policía en canto á administración da xustiza e ao mantemento da orde pública.

Casos e característicasEditar

Os casos nos que se adoita aplicar a lei marcial son as situacións de conflito bélico e tamén co gallo de sufocar rebelións. Neste sentido, a lei marcial imponse cando é preciso apoiar as actividades das autoridades e organizacións militares. Isto ocorre cando hai necesidades cualificadas coma "urxentes", nas cales as institucións ordinarias de xustiza non poden funcionar coa eficacia requirida para manter o control da nova situación. O obxectivo principal da lei marcial é a preservación da orde durante un estado de emerxencia.

En xeral, a lei marcial implica unha limitación e suspensión dalgúns dos dereitos de todo individuo normalmente garantidos pola constitución, ademais de aplicar procesos sumarios nos xuízos, e castigos máis severos dos impostos en situacións normais. En moitos casos de lei marcial, a pena de morte é imposta para crimes que non adoitan ser crimes capitais, coma o saqueo ou o roubo en caso de catástrofe. Os chamados normalmente a exercer a lei marcial son os tribunais militares.

Véxase taménEditar