Estado de emerxencia

Baixo a denominación de estado de emerxencia agrúpanse os réximes de excepción que pode ditar o goberno dun país en situacións de grave alteración da normalidade ou da orde interna dun estado[1]. Estas alteracións poden ser consecuencia de catástrofes, epidemias ou circunstancias políticas, civís ou bélicas que impiden a vida normal da totalidade ou parte do territorio dun país.

Por mor do furacán Katrina, declarouse o estado de emerxencia en rexións de Luisiana, Alabama e Mississippi o 27 de agosto de 2005.

O estado de emerxencia abrangue distintas categorías, graduadas en función das circunstancias que provocan a alteración da normalidade. Aínda que a lexislación de cada estado estabelece as categorías oportunas, nun estado de emerxencia o goberno resérvase o poder para restrinxir ou suspender o exercicio dalgúns dereitos da cidadanía. Os dereitos restrinxidos poden ser os referentes á liberdade e a seguridade persoal, a inviolabilidade do domicilio e a liberdade de reunión ou de tráfico, entre outros. Durante este estado, as forzas armadas dun país poden asumir o control da orde interna[2].

Polo xeral, as distintas categorías que abrangue o estado de emerxencia estabelécense na constitución de cada país. No caso portugués, por exemplo, a Constitución da República Portuguesa de 1976 determina no seu artigo 19 que os réximes excepcionais son o estado de emerxencia e o estado de sitio[3]. En troques, a Constitución Española de 1978 sinala tres réximes excepcionais no seu artigo 116: alarma, excepción e sitio[4].

  1. "Estado de emerxencia". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. Buson i Zabala, Rais (191). "De Corcuera a Kelsen: Genealogia de l'estat d'emergència" (PDF). Perspectiva social 30: 73–83. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  3. "Constituição da República Portuguesa". Diário da República Electrónico (en portugués). Consultado o 19/03/2020. 
  4. "Constitución Española de 1978" (PDF). Boletín Oficial do Estado. Consultado o 19/03/2020. 

 
 Este artigo sobre dereito é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.