Roubo
O roubo[1] é un crime no que se tenta tomar cousas de valor pola forza, a ameaza e o medo contra a vítima. Segundo a dereito anglosaxón, defínese o roubo como tomar a propiedade doutro, co obxectivo de privar permanentemente a esa persoa da propiedade, por medios como a forza e o medo; é dicir, é un furto acompañado por un asalto.[2] As definicións precisas do crime poden variar entre as diferentes xurisdicións. O roubo diferénciase doutras formas de furto pola súa inherente natureza violenta; mentres que outras formas menores de furto son castigadas como delitos penais, o roubo é sempre un crime nas xurisdicións que diferencian entre os dous. Segundo a lei inglesa, moitas formas de furto son ofensas, mentres que o roubo é un acto criminal.
Entre os diferentes tipos de roubo están o roubo á man armada, que implica unha arma e o roubo agravado, que implica o uso de armas mortais. Os atracos adoitan ter lugar no exterior e en espazos públicos como beirarrúas, rúas ou aparcadoiros. O roubo dun coche é o acto de roubar un coche á vítima pola forza. A extorsión é a ameaza de facer algo ilegal, ou a oferta de non facer algo ilegal no caso de que os bens non sexan entregados. Neste caso empréganse principalmente as palabras no canto de accións.
Na cultura popular
editarOs roubos foron representados, moitas veces graficamente, a través de diferentes medios, e varios ladróns convertéronse en iconas popularess, como Bonnie e Clyde ou John Dillinger. Exemplos de obras centradas en roubos inclúen:
No cine
editar- Atraco perfecto (1956), de Stanley Kubrick, representa un roubo de xeito gráfico.
- Svegliati e uccidi (1966) é un filme italiano dirixido por Carlo Lizzani, baseado na vida real de Luciano Lutring ("il solista del mitra"), que gardaba a súa arma nun estoxo de violín.[3]
- Take the Money and Run (1969), de Woody Allen, representa un roubo pouco convencional.
- Le Gitan (1975), dirixido por José Giovanni, está vagamente baseado na autobiografía de Luciano Lutring.[3]
- Reservoir Dogs (1992), de Quentin Tarantino, amosa as secuelas dun roubo, cunha abundancia de detalles escabrosos.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para roubo.
- ↑ "Carter, Floyd J. vs U.S.". 12 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2006. Consultado o 4 de maio de 2008.
- ↑ 3,0 3,1 Piero Colaprico (13 de maio de 2013). "Milano, è morto Luciano Lutring: lo chiamavano 'il solista del mitra'". La Repubblica. Consultado o 13 de maio de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roubo |
Bibliografía
editar- Allen, Michael. (2005). Textbook on Criminal Law. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-927918-7.
- Criminal Law Revision Committee. 8th Report. Theft and Related Offences. Cmnd. 2977
- Griew, Edward. Theft Acts 1968 & 1978. Londres: Sweet & Maxwell. Londres: LexisNexis. ISBN 0-406-89545-7