Odoacro

Odoacro, nado preto do ano 433 e finado en 493, tamén coñecido como Odovacar, posiblemente derivado do xermánico Audawakrs ('que busca a riqueza'). Foi o xefe da tribo xermana dos hérulos, de orixe huna e escira. Na historia salienta por ser quen destituíu ó derradeiro emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, en 476, quen foi deportado ó Castellum Lucullanum na baía de Nápoles.

Odoacro
Odovacar Ravenna 477.jpg
Nacementoc. 433
Lugar de nacementoPannonia
Falecemento15 de marzo de 493
Lugar de falecementoRavenna
NacionalidadeKingdom of Italy
RelixiónArianismo
Ocupaciónlíder militar
PaiEdeco
CónxuxeSunigilda
FillosOcla e frankish princess
IrmánsOnoulfo
editar datos en Wikidata ]
Sólido bizantino de Odoacro en nome do lexítimo emperador Zenón. Esta moeda documenta a submisión formal de Odoacro a Zenón.

TraxectoriaEditar

Despois de derrocar a Rómulo Augústulo, a Odoacro presentóuselle a oportunidade de nomear a un novo emperador titular e gobernar a través del, ou gobernar como axente do emperador romano de Oriente. A diferenza de moitos dos seus predecesores, como Ricimer, optou pola segunda opción, devolvéndolle as insignias imperiais de Occidente ó emperador Zenón en Constantinopla, xunto cunha carta na que pedía ser confirmado dux de Italia. Zenón accedeu a esta petición e concedeulle o rango de patricio.

Até a súa morte en 480, o emperador lexítimo de Occidente Xulio Nepote seguiu sendo teoricamente o superior de Odoacro, mentres que este chegou mesmo a emitir moeda no seu nome. Malia iso, Odoacro tamén se chamou a si mesmo rex Italiae (Rei de Italia) e como tal foi recoñecido durante o resto da súa vida.

Con todo, as relacións entre Odoacro e a Roma oriental empeoraron máis adiante, e en 489, co apoio do emperador Zenón, os ostrogodos baixo Teodorico o Grande invadiron o reino de Odoacro, destruíron o seu exército de bárbaros foederati (e as poucas tropas romanas que aínda existían), forzando a que se rendese en 493. Teodorico convidou a Odoacro a un banquete en Rávena, e crese que alí o asasinou coa súa propia espada, facéndose con todo o seu reino.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Thompson, E. A. Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. Madison: University of Wisconsin Press, 1982. ISBN 0 299 08700.

Ligazóns externasEditar

Reino de Italia

Segue a:
Rómulo Augústulo como emperador de Roma
Odoacro
Precede a:
Teodorico o Grande