Rávena

comuna italiana

Coordenadas: 44°25′N 12°12′L / 44.417, -12.200

Rávena[1] (en italiano Ravenna, en romañolo Ravèna) é unha cidade ao norte de Italia na Emilia-Romaña, é a capital da provincia homónima. Sitúase na chaira nororiental da Romaña, a poucos quilómetros do Mar Adriático. O municipio ten unha poboación de case 160.000[2] habitantes, dos cales a maior parte viven no núcleo urbano.

Rávena
Ravenna
Ravêna
Piazza del Popolo
Localización
Rávena en Italia
Rávena
Rávena
PaísItalia Italia
RexiónEmilia-Romaña
ProvinciaRávena
Xeografía
Altitude4 msnm
Superficie652,92 km²
Demografía
Poboación159.116 (2018)
Densidade244 hab/km²
XentilicioRavenés
Outros datos
Código postal48100
AlcaldeMichele de Pascale (PD)
www.comune.ra.it/

Rávena é famosa polos seus monumentos bizantinos e paleocristiáns que revelan a súa orixe antiga e o seu papel histórico no desenvolvemento italiano. A 36 quilómetros da cidade esténdense os lidi ravennati, praias inmensas no verde da famosa costa romañola.

En Rávena atópase enterrado Dante Alighieri, autor d’A Divina Comedia.

Historia Editar

 
Torre da Catedral
  • As orixes de Rávena remóntanse á metade do II milenio antes da nosa era. No período romano, a cidade tivo certa importancia estratéxica pola súa situación fronteiriza. En tempos de Xulio César construíuse un porto na localidade veciña de Classe, a uns oito quilómetros do centro de Rávena.
  • No ano 402 o emperador Honorio trasladou trasladou á cidade desde Milán a capital do Imperio Romano de Occidente. A solidez das súas murallas e as excelentes comunicacións do seu porto co Mediterráneo oriental motivaron esta decisión.
  • Logo da desaparición do Imperio Romano de Occidente no 476, a cidade continuou a ser capital dos reinos xermánicos de Italia. Os reis Odoacro (476-493) e Teodorico (493-526) continuaron o engrandecemento da cidade.
  • O reino ostrogodo entrou en crise trala morte de Teodorico. Os bizantinos interviron abertamente na política do reino a partir do 535, en que se desencadean as Guerras Góticas. A cidade será tomada polo xeneral bizantino Belisario no 540. Converterase entón en sé do exarca enviado desde Constantinopla para gobernar Italia. A cidade permanecerá baixo dominio bizantino até o 751, cando é ocupada polos longobardos. Os compases iniciais do exarcado, baixo a autoridade do emperador Xustiniano e da súa esposa Teodora (século VI), sinalan o momento de máximo esplendor da cidade.
  • No século XV pasou aos venecianos e no século seguinte á Igrexa, baixo a que permaneceu ata a Unidade de Italia.

Monumentos Editar

Monumentos paleocristiáns de Rávena
 
O Mausoleo de Teodorico en Rávena.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Italia
Localización44°25′04″N 12°11′58″L / 44.41778, -12.19944
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV
Inscrición1996 (20ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador788

Ten importantes edificios paleocristiáns, como o oratorio de San Lorenzo, coñecido como o mausoleo de Gala Placidia, e os baptisterios ortodoxo e ariano. Os edificios máis impoñentes son a basílica ariana, construída por Teodorico (hoxe dedicada a San Apolinar) e a da San Vital, construída por Xustiniano I.

Nas proximidades da cidade atópase a basílica de San Apolinar, que pertencía ao porto de Clase, hoxe desaparecido. Este edificio é máis antigo que as basílicas da cidade.

Demografía Editar

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar