Esciro

(Redirección desde «Esciros»)

Esciro ou Esciros (Skyros ou Scyrus, Σκύρος) é unha illa grega do mar Exeo, unha das Espóradas, ao leste de Eubea na ruta cara ao Ponto. Está formada por dúas partes (norte e sur) dividida por un istmo.

Esciro
Σκῦρος
Vista de Esciro
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
ArquipélagoEspóradas
MarMar Mediterráneo
Coordenadas38°54′N 24°33′L / 38.900, -24.550Coordenadas: 38°54′N 24°33′L / 38.900, -24.550
Xeografía
Superficie223 km²
Punto máis alto792 m.Monte Olympus
Demografía
CapitalEsciro
Poboación2.994 hab. (2011)
Densidade13 hab./km²
Lingua propiaGrego

Antigamente tiña unha cidade co mesmo nome e un río chamado Cefiso. A capital aínda leva o nome de Skyros ou Chora e está ao nordés (antes chamábase San Xurxo). A súa superficie é de 215 km² e a poboación de 3.000 habitantes. A altura máxima está no monte Kokhilas, na parte sur con 793 metros. Nas proximidades hai 32 illas e illotes. O porto de Linaria está no suroeste. Na parte norte está o monte Olimpo con 399 metros.

Historia editar

Tucídides menciona que a illa estaba habitada polos dólopes e foi conquistada por Cimón logo das Guerras Médicas, en (-469), xa que un oráculo ordenara en -476 levar os ósos de Teseo desde a illa a Atenas. Efectivamente, os supostos ósos foron levados a Atenas e gardados no Teseion. Cimón expulsou os dólopes e estabeleceu colonos atenienses e desde entón foi vista como parte de Atenas e ata na paz de Antálcidas recoñecida como parte inseparable de Atenas xunto con Lemnos e Imbros.

Os macedonios apoderáronse dela en -240, pero os romanos obrigaron a Filipo V de Macedonia a retornar a illa a Atenas no tratado de paz de -196.

Permaneceu en mans romanas e bizantinas ata 1205 cando foi ocupada polos venecianos e gobernada polos Ghisi e os Tiépolo ata que cara a 1390 foi ocupada polos otománs, pero os bizantinos recuperárona pouco despois e conservárona ata 1453. Neste ano púxose baixo protección de Venecia. Os turcos ocupárona en 1538. Volveu a mans de Grecia en 1830.

Clima editar

Skyros ten un clima mediterráneo con invernos suaves e veráns agradables.

Datos climáticos para Skyros airport
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 12,3 12,7 14,1 17,7 22 26,3 27,9 27,6 24,7 20,8 17,2 13,9 19,77
Media mínima en °C 7,4 7,4 8,7 11,4 15 19,3 21,7 21,7 18,8 15,5 12 9,1 14
Precipitación media mm 70,6 55,3 49,9 24,3 15,4 6,5 5,9 8,4 19,4 36,7 54,6 81,1 428,1
[Cómpre referencia]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar