Abrir o menú principal

Illas Espóradas

(Redirixido desde "Espóradas")
Situación dos dous grupos de illas Espóradas no Mar Exeo.

As Espóradas (en grego Σποράδες, dispersas) son un amplo grupo de illas situadas no mar Exeo e pertencentes a Grecia. A denominación xenérica de Espóradas adoita aplicarse ás Espóradas setentrionais, pero tamén se usa a denominación de Espóradas meridionais para designar outro grupo de illas.

Espóradas setentrionaisEditar

É un arquipélago situado ao nordés da illa de Eubea. composto dunhas oitenta illas e illotes entre as que destacan polo seu tamaño Skópelos, Skiathos, Alonissos, Esciro, Kyra Panagia (tamén chamada Pélagos), Gioura e Piperi. Outras illas máis pequenas deste arquipélago son Adelfoi, Agios Georgios Skopelou, Argos Skiathou, Dasia, Erinia, Grammeza, Lekhoussa, Peristera, Psathoura, Repio, Rineia, Skyrou, Sarakino, Skandili, Skantzoura, Skyropoula, Tsougria e Valaxa.

Algunhas delas pertencen á prefectura grega de Magnesia e outras á de Eubea. De todas elas, só as catro primeiras teñen unha poboación importante. O resto está practicamente deshabitado.

SkíathosEditar

 
Skíathos

É a menor das catro. Con todo é a que máis visitantes atrae por mor da fama das súas praias. Na illa atópase unha fortaleza medieval coñecida como Bourtzi. É a máis próxima a Grecia continental e posúe aeroporto. A cidade de Skíathos ten un porto para pescadores e outro para barcos de recreo. As súas poboacións máis destacadas son Skíathos e Koukounaries. Na illa atópanse tres mosteiros: o da Panagia Kounistra, o de Kechrias e o de Evangelistria. No norte da illa atópase unha antiga fortificación do século XIV chamada Kastro que foi construída para protexer a illa dos piratas.

SkópelosEditar

 
Skópelos
Artigo principal: Skópelos.

Está situada ao leste da anterior. Trátase da illa máis fertil das Espóradas setentrionais e nela abundan os bosques de piñeiros. As súas poboacións máis importantes son Agnondas, Glossa e Skópelos. A súa maior altitude é a do monte Delphi, de 680 metros.

A cidade de Skópelos posúe máis de cen igrexas; A máis temperás están datadas no século IX. No porto de Skópelos había na antigüidade un templo de Atenea e agora hai unha fortaleza veneciana. Hai numerosos mosteiros por toda a illa.

Na illa áchase un museo de arte e tradicións populares.

AlonissosEditar

 
Alonnissos

É unha illa rochosa e montañosa, con algúns campos de oliveiras e amendoeiras. É a máis alongada das catro principais Espóradas, conta con poucas estradas. As súas poboacións principais son Alonissos e Patitiri.

Ao redor da illa e os seus abundantes illotes próximos habita a foca monxe do Mediterráneo, un mamífero en perigo de extinción, o goberno grego creou un parque nacional mariño para a protección desta especie e doutras como o falcón da raíña e a gaivota de Audouin.

A praga da filoxera causou en 1960 a destrución dos viñedos da illa. Posteriormente un terremoto ocorrido en 1965 causou graves danos na capital.

EsciroEditar

 
Esciro
Artigo principal: Esciro.

Está situada ao sueste das anteriores, a gran distancia delas. As súas poboacións máis importantes son Esciro, Linaria e Atsitsa. Nela sobreviven elementos da súa cultura moi antigos por mor do seu difícil acceso. Con todo, actualmente ten aeroporto no extremo norte da illa. Ten tres museos:

  • Museo arqueolóxico.
  • Museo municipal.
  • Museo Faltauits (de carácter etnolóxico).

Característico da illa é a chamada danza da cabra de Esciro, na que acodes con máscaras animan as festas e hai un personaxe principal que é un vello con máscara de cabra e chocas nas súas costas. Tamén hai na illa pequenos cabalos salvaxes. En Esciro esta a tumba do poeta Rupert Brooke.

Segundo a mitoloxía grega, Esciro é a illa onde Tetis enviou ao seu fillo Aquiles para intentar evitar que fose á guerra de Troia. Alí, na corte do rei Licomedes permaneceu disfrazado de muller ata que Odiseo, mediante un ardid, descubriu a súa identidade. En Esciro Aquiles tivo un fillo, chamado Neoptólemo, con Deidamía, a filla do rei[1].

Unha versión aparentemente contraditoria desta tradición é a que se ofrece en a Ilíada, na que se menciona que Aquiles conquistou Esciro,[2] aínda que algúns escolios antigos sostiñan que se trataba doutra cidade chamada Esciro, que situaban en Anatolia.

Tamén, segundo a tradición, Teseo morreu alí guindado por un precipicio polo rei Licomedes.[3]

Espóradas meridionaisEditar

Correspóndense cunhas 170 illas situadas preto da costa suroccidental de Anatolia que pertencen á actual prefectura grega do Dodecaneso. As máis importantes son Samos, Icaria, Patmos, Cos e Rodas.

Homero nomea algunhas das Espóradas meridionais no catálogo de naves na obra A Ilíada.

E os que dominaban Nísiros, Crápatos, Casos e Cos, cidade de Eurípilo, e as illas Calidnas. Á fronte deles ían Fidipo e Ántifo, fillos os dous de Tésalo, o soberano heraclida. A estes, trinta ocas naves seguían en fila.Homero. A Ilíada ii,676.

NotasEditar

  1. Hixino. Fábulas, 96.
  2. Homero. A Ilíada ix, 667.
  3. Apolodoro. Epítome 1, 24.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar