As Espóradas (en grego Σποράδες, dispersas) son un amplo grupo de illas situadas no mar Exeo e pertencentes a Grecia. A denominación xenérica de Espóradas adoita aplicarse ás Espóradas setentrionais, pero tamén se usa a denominación de Espóradas meridionais para designar outro grupo de illas.

Situación dos dous grupos de illas Espóradas no mar Exeo.

Espóradas setentrionais editar

É un arquipélago situado ao nordés da illa de Eubea. composto dunhas oitenta illas e illotes entre as que destacan polo seu tamaño Skópelos, Skiathos, Alonissos, Esciro, Kyra Panagia (tamén chamada Pélagos), Gioura e Piperi. Outras illas máis pequenas deste arquipélago son Adelfoi, Agios Georgios Skopelou, Argos Skiathou, Dasia, Erinia, Grammeza, Lekhoussa, Peristera, Psathoura, Repio, Rineia, Skyrou, Sarakino, Skandili, Skantzoura, Skyropoula, Tsougria e Valaxa.

Algunhas delas pertencen á prefectura grega de Magnesia e outras á de Eubea. De todas elas, só as catro primeiras teñen unha poboación importante. O resto está practicamente deshabitado.

Skíathos editar

 
Skíathos

É a menor das catro. Con todo é a que máis visitantes atrae por mor da fama das súas praias. Na illa atópase unha fortaleza medieval coñecida como Bourtzi. É a máis próxima a Grecia continental e posúe aeroporto. A cidade de Skíathos ten un porto para pescadores e outro para barcos de recreo. As súas poboacións máis destacadas son Skíathos e Koukounaries. Na illa atópanse tres mosteiros: o da Panagia Kounistra, o de Kechrias e o de Evangelistria. No norte da illa atópase unha antiga fortificación do século XIV chamada Kastro que foi construída para protexer a illa dos piratas.

Skópelos editar

 
Skópelos
Artigo principal: Skópelos.

Está situada ao leste da anterior. Trátase da illa máis fértil das Espóradas setentrionais e nela abundan os bosques de piñeiros. As súas poboacións máis importantes son Agnondas, Glossa e Skópelos. A súa maior altitude é a do monte Delphi, de 680 metros.

A cidade de Skópelos posúe máis de cen igrexas; A máis temperás están datadas no século IX. No porto de Skópelos había na antigüidade un templo de Atenea e agora hai unha fortaleza veneciana. Hai numerosos mosteiros por toda a illa.

Na illa áchase un museo de arte e tradicións populares.

Alonissos editar

 
Alonnissos

É unha illa rochosa e montañosa, con algúns campos de oliveiras e amendoeiras. É a máis alongada das catro principais Espóradas, conta con poucas estradas. As súas poboacións principais son Alonissos e Patitiri.

Ao redor da illa e os seus abundantes illotes próximos habita a foca monxe do Mediterráneo, un mamífero en perigo de extinción, o goberno grego creou un parque nacional mariño para a protección desta especie e doutras como o falcón da raíña e a gaivota de Audouin.

A praga da filoxera causou en 1960 a destrución dos viñedos da illa. Posteriormente un terremoto ocorrido en 1965 causou graves danos na capital.

Esciro editar

 
Esciro
Artigo principal: Esciro.

Está situada ao sueste das anteriores, a gran distancia delas. As súas poboacións máis importantes son Esciro, Linaria e Atsitsa. Nela sobreviven elementos da súa cultura moi antigos por mor do seu difícil acceso. Con todo, actualmente ten aeroporto no extremo norte da illa. Ten tres museos:

  • Museo arqueolóxico.
  • Museo municipal.
  • Museo Faltauits (de carácter etnolóxico).

Característico da illa é a chamada danza da cabra de Esciro, na que acodes con máscaras animan as festas e hai un personaxe principal que é un vello con máscara de cabra e chocas nas súas costas. Tamén hai na illa pequenos cabalos salvaxes. En Esciro esta a tumba do poeta Rupert Brooke.

Segundo a mitoloxía grega, Esciro é a illa onde Tetis enviou ao seu fillo Aquiles para intentar evitar que fose á guerra de Troia. Alí, na corte do rei Licomedes permaneceu disfrazado de muller ata que Odiseo, mediante un ardid, descubriu a súa identidade. En Esciro Aquiles tivo un fillo, chamado Neoptólemo, con Deidamía, a filla do rei[1].

Unha versión aparentemente contraditoria desta tradición é a que se ofrece en a Ilíada, na que se menciona que Aquiles conquistou Esciro,[2] aínda que algúns escolios antigos sostiñan que se trataba doutra cidade chamada Esciro, que situaban en Anatolia.

Tamén, segundo a tradición, Teseo morreu alí guindado por un precipicio polo rei Licomedes.[3]

Espóradas meridionais editar

Correspóndense cunhas 170 illas situadas preto da costa suroccidental de Anatolia que pertencen á actual prefectura grega do Dodecaneso. As máis importantes son Samos, Icaria, Patmos, Cos e Rodas.

Homero nomea algunhas das Espóradas meridionais no catálogo de naves na obra A Ilíada.

E os que dominaban Nísiros, Crápatos, Casos e Cos, cidade de Eurípilo, e as illas Calidnas. Á fronte deles ían Fidipo e Ántifo, fillos os dous de Tésalo, o soberano heráclida. A estes, trinta ocas naves seguían en fila.Homero. A Ilíada ii,676.

Notas editar

  1. Hixino. Fábulas, 96.
  2. Homero. A Ilíada ix, 667.
  3. Apolodoro. Epítome 1, 24.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar