Abrir o menú principal

Gaivota de Audouin

A gaivota de Audouin[2] (Ichthyaetus audouinii) é unha ave pertencente á familia Laridae.

CaracterísticasEditar

É unha gaivota de tamaño medio cunha lonxitude que chega ata os 52 cm e unha envergadura máxima de 128 cm. O corpo é branco exceptuando as ás agrisadas e a cola negra con pintas brancas. O peteiro é vermello escuro cunha liña negra vertical. As patas son grises con certos matices verdes.

DistribuciónEditar

É unha gaivota que vive estritamente no litoral, frecuentemente en colonias. Non é unha especie moi frecuente, concentrándose os seus efectivos nas illas do Mediterráneo e puntos concretos da costa. Salientar a importante poboación do Delta do Ebro. Tamén é importante a poboación da Comunidade Valenciana, que acolle case 7.000 parellas[3]. Estas repártense fundamentalmente polo porto de Castellón, Lagoas de Torrevieja, porto de Valencia e Illas Columbretes[3]. En Galicia trátase dunha especie excepcional, sendo as observacións históricas estritamente limitadas ó verán e a individuos illados[4]

NotasEditar

  1. Symes, A. (2015). "Larus audouinii". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T22694313A83914506. Consultado o 26 April 2016. 
  2. "Gaviota de Audouin - Larus audouinii" (PDF). Fauna de vertebrados: Aves. Inventario Español de Especies Terrestres (Informe) (en castelán) (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente). 
  3. 3,0 3,1 Varios (2015). "El puerto de Castellón alberga la mayor colonia mundial de gaviota de Audouin". Quercus (353). 
  4. XIII Anuario das Aves de Galicia 2005, editado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía no 2011

 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.