Láridos
Laridae
Gaivotas

Larus delawarensis adulto, en voo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Lari
Familia: Laridae
Rafinesque, 1815
Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos láridos (Laridae) é unha familia de aves acuáticas da orde dos caradriformes e suborde dos laros.

Comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente en galego como gaivotas ou gavotas.[1]

Son aves mariñas de mediano a gran porte (a máis pequena, Hydrocoloeus minutus, mide 29 cm e ten unha masa corporal de 120 g, e a máis grande, Larus marinus, ten unha lonxitude de 76 cm e unha masa de 1,75 kg). Tipicamente a súa plumaxe é gris, negra ou branca, frecuentemente con marcas negras na cabeza ou nas ás, e teñen as patas palmadas. Distribuídas por todo o mundo, moitas delas son aves abundantes e moi coñecidas nas súas tespectivas áreas de distribución.

Estreitamente relacionadas cos membros da familia dos estérnidos e, máis afastadamente, coas aves zancudas, a maioría das súas especies pertencen ao xénero Larus, que é o tipo da suborde e da familia.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A familia foi descrita en 1815 polo polímata, naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.

Etimoloxía

editar

O nome científico da familia, Laridae, está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Larus, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio do nome das familias de animais.

Nota taxonómica

editar

Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse no xénero Larus, incluso ao longo do século XX.[2][3] Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.

En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético.[4] Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía,[5] e o outro sobre caracteres moleculares,[6] avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros:[4]

Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional.[7][8] Porén, algunhas aínda son obxecto de debate.

Clasificación

editar

Subgrupos

editar

Moitos ornitólogos distribúen ás gaivotas en dous subgrupos:[Cómpre referencia]

A hibridación entre as especies de gaivotas adoita ser frecuente, aínda que depende das especies. A taxonomía das gaivotas é complicada, especialmente nas de cabeza branca.[Cómpre referencia]

Xéneros e especies

editar
 
Larus michahellis
 
Chroicocephalus scopulinus
 
Larus argentatus
 
Larus occidentalis
 
Chroicocephalus ridibundus
 
Larus canus
 
Larus fuscus

Xénero Larus

Xénero Ichthyaetus

Xénero Leucophaeus

Xénero Chroicocephalus

Xénero Hydrocoloeus

Xénero Rhodostethia

Xénero Rissa

Xénero Pagophila

Xénero Xema

Xénero Creagrus

Características

editar
 
Bando de gaivotas na praia da Concha (Espasante, Ortigueira).

As gaivotas son en xeral aves grandes, de cor gris ou branca, a miúdo con pintas negras na cabeza ou nas ás. Adoitan ter bicos robustos, bastante longos. A maioría das gaivotas, particularmente as do xénero Larus, son carnívoras ou detrívoras (tomarán a comida viva ou recollerana do lixo se teñen a oportunidade) que inclúen na súa dieta caranguexos e peixes pequenos.[Cómpre referencia].

As gaivotas adoitan ser aves mariñas ou de lagos, ríos e lagoas interiores. Son voadoras de grandes distancias. As especies de maior tamaño tardan ata catro anos en lograr unha plumaxe de adulto, nas gaivotas pequenas este tempo redúcese a dous anos. Son aves con complexos métodos de comunicación e unha estrutura social moi desenvolvida. Certas especies (Larus argentatus) posúen condutas moi complexas.[Cómpre referencia].

Moitas especies de gaivota aprenderon a coexistir co home, polo que as súas poboacións medraron en zonas próximas a núcleos urbanos costeiros.[Cómpre referencia].

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gaivota.
  2. Dwight, J. (1925): "The Gulls of the World". Bulletin of the American Museum of Natural History 52: 63-401.
  3. Moynihan, M. (1959): "A revision of the family Laridae (Aves)". American Museum Novitates 1928: 1–42.
  4. 4,0 4,1 Pons, J. M., Hassanin, A. & Crochet, P. A. (2005): "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers". Molecular phylogenetics and evolution 37 (3): 686-699.
  5. Chu, Philip C. (1998). "A Phylogeny of the Gulls (Aves: Larinae) Inferred from Osteological and Integumentary Characters". Cladistics (en inglés) 14 (1): 1–43. ISSN 1096-0031. doi:10.1111/j.1096-0031.1998.tb00202.x. 
  6. Crochet; Bonhomme; Lebreton (2000). "Molecular phylogeny and plumage evolution in gulls (Larini)". Journal of Evolutionary Biology (en inglés) 13 (1): 47–57. ISSN 1420-9101. doi:10.1046/j.1420-9101.2000.00135.x. 
  7. Sangster, G, Collinson, J. M., Knox, A. G., Parkin, D. T. & Svensson, L. (2007): "Taxonomic recommendations for British birds: Fourth report". Ibis 149 (4): 853– 857.
  8. Banks, R. C., Chesser, R. T., Cicero, C., Dunn, J. L., Kratter, A. W., Lovette, I. J., Rasmussen, P. C., Remsen, J. V. Jr., Rising, J. D., Stotz, D. F. & Winker, K. (2008): "Forty-ninth supplement to the American Ornithologists’ Union check-list of North Americancan birds" The Auk 125 (3): 758–768.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar