Caradriformes
Caradriformes Charadriiformes Rango fósil: Eoceno[1][2][3] - Actualidade (55–0 Ma) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Larus michahellis, a gaivota máis común en Galicia | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subordes e Familias | |||||||||||||||||
|
A das caradriformes[4] (Charadriiformes) é unha orde de aves da superorde das neognatas, que comprende unhas 390 especies distribuídas por todo o mundo nunha ampla variedade de hábitats, aínda que todas están relacionadas dunha ou doutra forma coa auga, tanto doce como salgada.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/Eurasian_Curlew.jpg/270px-Eurasian_Curlew.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Sterna_paradisaea_1_%28Marek_Szczepanek%29.jpg/270px-Sterna_paradisaea_1_%28Marek_Szczepanek%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f3/Rotschenkel_%28Tringa_totanus%29_01.jpg/270px-Rotschenkel_%28Tringa_totanus%29_01.jpg)
Son aves que poden ser de tamaño pequeno, mediano ou grande. A súa alimentación é variada, como corresponde a un grupo con tanta diversidade, desde as gaivotas, que son practicamente omnívoras, aínda que se alimenten principalmente de peixes, até as que consomen pequenos invertebrados, especialmente crustáceos e moluscos, como as limícolas, cuxa familia máis numerosa é a dos escolopácidos. Quizais as súas representantes máis coñecidas sexan as gaivotas, da familia dos láridos.
Taxonomía
editarDescrición
editarA orde foi descrita en 1867 polo biólogo inglés Thomas Henry Huxley.[5]
Etimoloxía
editarO nome científico Charadriiformes está formado sobre a base de Charadri-, raíz de Charadrius, o xénero tipo da familia dos carádridos, ao que se lle engade o sufixo do latín científico -iformes, "en forma de", propio dos nomes das ordes de peixes e das de aves.
O nome científico Charadrius tirouno Linneo do latín vulgar, tomado do grego antigo καραδρίός charadriós, unha ave caradriforme, quizais Burhinus oedicnemus,[6] que, segundo Aristóteles e Aristófanes, a súa visión curaba a ictericia.[7]
Clasificación
editarA orde dos caradriformes comprende 3 subordes, 19 familias e 390 especies.[8][9]
- Orde Caradriformes
- Suborde Caradrios Charadrii Huxley, 1867
- Familia Burrínidos Burhinidae Mathews, 1912 (10 especies)
- Familia Carádridos Charadriidae Leach, 1820 (68 especies)
- Familia Hematopódidos Haemotopididae Bonaparte, 1838 (12 especies)
- Familia Ibidorrínquidos Ibidorhynchidae Bonaparte, 1856 (1 especie)
- Familia Pluvianélidos Pluvianellidae Gray, 1846 (1 especie)
- Familia Pluviánidos Pluvianidae MacGillivray, 1852 (1 especie)
- Familia Quiónidos Chionidae Bonaparte, 1832 (2 especies)
- Familia Recurvirróstridos Recurvirostridae Bonaparte, 1831 (10 especies)
- Suborde Escolopacios Scolopaci
- Familia Escolopácidos Scolopacidae Rafinesque, 1815 (98 especies)
- Familia Pedionómidos Pedionomidae Bonaparte, 1856 (4 especies)
- Familia Rostratúlidos Rostratulidae Ridgway, 1919 (3 especies)
- Familia Pedionómidos Pedionomidae Bonaparte, 1856 (1 especie)
- Familia Ticonóridos Thiconoridae Sundevall, 1836 (4 especies)
- Familia Xacánidos Jacanidae Chenu & Des Murs, 1854 (8 especies)
- Suborde Laros Lari Sharpe, 1891
- Familia Álcidos Alcidae Leach, 1820 (25 especies).[10]
- Familia Dromádisos Dromadidae Gray, 1840 (1 especie)
- Familia Glareólidos Glareolidae Brehm, 1831 (17 especies)
- Familia Estercorádidos Stercorariidae Gray, 1870 (7 especies)
- Familia Láridos Laridae Rafinesque, 1815 (103 especies)
- Familia Turnícidos Turnicidae small>G. R. Gray (18 especies)
- Suborde Caradrios Charadrii Huxley, 1867
Notas taxonómicas
editarA taxonomía de Sibley-Ahlquist agrupa aos caradriformes xunto con outras aves mariñas e coas rapaces nunha orde moi ampliada dos ciconiformes. Porén, a resolución da técnica de hibridación ADN-ADN empregada por Sibley e Ahlquist non foi suficiente para resolver adecuadamente as relacións deste gran grupo e, de feito, parece que os caradriformes constitúen unha única liñaxe grande e moi distintiva de aves modernas.[11]
As alcas, xeralmente consideradas distintas pola súa peculiar morfoloxía, están máis probabelmente relacionados coas gaivotas, sendo a "distinción" o resultado da súa adaptación ao mergullo.[12]
Filoxenia
editarA árbore filoxenética dos caradriformes abaixo mostrada baseouse nun estudo de Heiner Kuhl e colaboradores publicado en 2020.[13]
As familias e o número de especies son os da lista elaborada por Frank Gill, Pamela Rasmussen e David Donsker en nome da Unión Ornitolóxica Internacional.[8]
As subordes son as definidas por Joel Cracraft en 2013.[9]
|
Galería
editarNotas
editar- ↑ Bertelli, S.; Lindow, B. E. K.; Dyke, G. J.; Mayr, G. (2013). "Another charadriiform-like bird from the lower Eocene of Denmark". Paleontological Journal (Pleiades Publishing Ltd) 47 (11): 1282–1301.
- ↑ Bertelli, S.; Lindow, B. E. K.; Dyke, G. J.; Mayr, G. (2014). "Erratum to: "Another charadriiform-like bird from the Lower Eocene of Denmark"". Paleontological Journal (Pleiades Publishing Ltd) 48 (13): 1441–1448.
- ↑ Mayr, Gerald (2016). Avian evolution: the fossil record of birds and its paleobiological significance. Topics in Paleobiology. Wiley-Blackwell. p. 306. ISBN 978-1-1190-2076-9.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caradriformes.
- ↑ Charadriiformes Huxley, 1867 na BioLib. Consultada o 9 de setembro de 2022.
- ↑ Charadrius no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Alcaraván común. Burhinus oedicnemus Linnaeus, 1758 en animalandia.educa.madrid.org (en castelán).
- ↑ 8,0 8,1 Gill, Frank; Donsker, David & Rasmussen, Pamela, eds. (2021): "IOC World Bird List Version 11.2". International Ornithologists' Union (Unión Ornitolóxica Internacional).
- ↑ 9,0 9,1 Cracraft, Joel; Dickinson, E. C.& Remsen, J. V. Jr., eds. (2013): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 1: Non-passerines (4th ed.). Eastbourne UK: Aves Press. ISBN 978-0-9568-6110-8.
- ↑ Algúns autores consideran aos álcidos como unha suborde, a dos alcas (Alcae).
- ↑ Fain, Matthew G. & Houde, Peter (2004): "Parallel radiations in the primary clades of birds". Evolution 58 (11): 2558–2573. (Texto completo).
- ↑ Paton, T. A.; Baker, A. J.; Groth, J. G. & Barrowclough, G. F. (2003): "RAG-1 sequences resolve phylogenetic relationships within charadriiform birds". Mol. Phylogenet. Evol. 29: 268–278.
- ↑ Kuhl., H.; Frankl-Vilches, C.; Bakker, A.; Mayr, G.; Nikolaus, G.; Boerno, S. T.; Klages, S.; Timmermann, B. & Gahr, M. (2020): "An unbiased molecular approach using 3'UTRs resolves the avian family-level tree of life". Molecular Biology and Evolution 38: 108–127.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caradriformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caradriformes |
Bibliografía
editar- del Hoyo, Josep, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7.
- Harrison, Colin J. O. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. London, UK: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0.
Outros Artigos
editarLigazóns externas
editar- Charadriiformes na ADW.
- Charadriiformes na EOL.
- Charadriiformes no GBIF.
- Charadriiformes no WoRMS.