Unión Ornitolóxica Internacional

A Unión Ornitolóxica Internacional (en inglés International Ornithologists' Union), anteriormente coñecida como Comité Ornitolóxico Internacional (International Ornithological Committee), é un grupo que reúne a uns 200 ornitólogos de todo o mundo que é o responsábel de organizar os Congresos Ornitolóxicos Internacionais e outras importantes actividades ornitolóxicas, como a de fixar a clasificación das aves.

Unión Ornitolóxica Internacional
AcrónimoIOU
Tipoasociación
Campo de traballoOrnitoloxía
Data de fundación1884
Traballos destacadosIOC World Bird List
SedeLuisiana - Louisiana
EnBaton Rouge
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.internationalornithology.org
editar datos en Wikidata ]

Esta organización é membro da da Unión Internacional de Ciencias Biolóxicas (International Union of Biological Sciences).

Congreso Ornitolóxico Internacional editar

O Congreso Ornitolóxico Internacional é a maior e máis antiga reunión de ornitólogos. O primeiro congreso realizouse en 1884, e seguiuse celebrando de forma irregular até 1926, desde cando se reúne periodicamente cada catro anos, coa excepción dos dous correspondentes ao período da segunda guerra mundial e á súa inmediata posguerra.

Reunións editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar