Campos do Jordão
Campos do Jordão é unha cidade turística con clima de montaña do estado de São Paulo. Fica a uns 165 km da capital, por dúas modernas estradas. No inverno é moi visitada polo seu clima, que lembra o de rexións da Suíza ou Austria (o frío pode chegar ata mesmo a -5 °C en noites moi frías). Os seus cafés, os hoteis de estilo alpino, e o seu Festival de Inverno de música erudita reciben, nesa época, milleiros de visitantes e tamén estudantes de música que buscan perfeccionárense estudando coas orquestras que se presentan no Festival.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | São Paulo ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 50.852 (2015) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 290,055 km² ![]() | ||||
Altitude | 1.628 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Delfim Moreira (pt) ![]() São Bento do Sapucaí (pt) ![]() Piranguçu (pt) ![]() Santo Antônio do Pinhal (pt) ![]() Guaratinguetá Pindamonhangaba Wenceslau Braz (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 29 de abril de 1874 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 12 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 3509700 ![]() | ||||
Páxina web | camposdojordao.sp.gov.br ![]() |
Moitas persoas ricas teñen grandes mansións nos barrios densamente arborizados da cidade, que habitan na temporada de inverno. A clase media costuma transladarse por períodos máis curtos: fins de semana ou mesmo facendo unha visita dun día, apenas. Pola cantidade de visitantes pódese comparar o movemento na cidade no inverno coas cidades de praia durante os meses de verán.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Camposdojordao-view.jpg/245px-Camposdojordao-view.jpg)