Otava

Capital de Canadá

Coordenadas: 45°25′01″N 75°42′00″O / 45.417, -75.7

Otava[1] ou Ottawa[2][3] é a capital do Canadá; está localizada ao nordeste da provincia de Ontario, na fronteira coa provincia de Quebec. É a segunda maior cidade de Ontario, cunha poboación duns 808.000 habitantes, con máis de 1.146.000 na súa rexión metropolitana.

Otava
Flag of Ottawa, Ontario.svg
Blason ville ca Ottawa (Ontario).svg
OttawaCollage.png
Localización
Otava en Canadá
Otava
Otava
Otava en Ontario
Otava
Otava
PaísFlag of Canada.svg Canadá
ProvinciaOntario
RexiónRexión da Capital Nacional
Xeografía
Altitude70 msnm
Superficie2.778,13 km2 km²
Demografía
Poboación883.391 hab. (2011)
Densidade316,6/km2
Outros datos
AlcaldeJim Watson
Páxina oficial de Otava

Orixe do nomeEditar

O nome "Ottawa" é derivado da palabra algonquina Odawa que significa "ao comercio".[Cómpre referencia]

HistoriaEditar

 
Construción do Parlamento.

Os nativos algonquinos e iroqueses habitaban a rexión onde actualmente fica a cidade de Otava moito antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. Tales nativos usaban o río Otava para se desprazar e se alimentar. En 1613, o francés Samuel de Champlain pasou pola rexión. A partir de entón, os cazadores e comerciantes de pel usaron o río Otava como unha rota para o oeste canadense.

1800 a 1867Editar

 
O National War Memorial, homenaxe canadense ás vítimas da Primeira Guerra Mundial, situado en Confederation Square.

En 1800, Philemon Wright, un facendeiro de Massachusets, comezou a cultivar unha área ao norte do Río Otava (onde actualmente fica a cidade de Gatineau, Quebec). Logo, co éxito comercial conseguido, comezaron a se estabelecer na rexión outros asentadores. Ira Honeywell foi o primeiro en se asentar na marxe sur do Río Otava, en 1811.

Despois da Guerra anglo-americana de 1812, os ingleses temían outra invasión norteamericana ao Canadá. Con isto, os ingleses decidiron construír un canal, o Canal de Rideau, conectando o río San Lourenzo, na altura da cidade de Kingston, ao Río Otava, co propósito de transportar materiais e armas ao interior do Canadá sen precisar usar o San Lourenzo, despois de Kingston, perigosamente preto dos Estados Unidos e vulnerábel a calquera posíbel ataque. Mandados enxeñeiros desde Inglaterra, que se estableceron na área onde actualmente se localiza Otava. O asentamento construído para abrigar os traballadores chamouse Bytown, e completouse en 1832. Entón, Otava tiña unha poboación de aproximadamente 1900 habitantes, subindo para 2400 en 1837, grazas á industria madeireira que se desenvolveu na pequena vila. Bytown foi elevado ao rango de cidade en 1850, entón con máis de 10 mil habitantes, e o seu nome mudou definitivamente para Otava.

 
O Canal Rideau no inverno, usado como pista de esquí no inverno.

O Alto Canadá e o Baixo Canadá, provincias coloniais da Inglaterra, foron fundidas en 1840 nunha única provincia do Canadá. Durante 17 anos, ficou no ar cal sería a capital definitiva da nova provincia unificada politicamente, mais dividida culturalmente. Neste período, serviron como capitais temporais as cidades de Kinsgston, Montreal, Quebec e Toronto. Finalmente, a decisión caeu na raíña Vitoria, en 1857. Considerando as varias posíbeis cidades, inclusive as catro mencionadas enriba, a raíña escolleu Otava, por tres motivos: primeiramente, Otava estaba relativamente distante dos Estados Unidos, nunha posición estratexicamente máis segura do que outras posíbeis escollas. Segundo, a localización da cidade, localizada exactamente entre o Alto Canadá e o Baixo Canadá, diminuiría tensións culturais entre os canadenses de orixe francesa e os canadenses de orixe inglesa. E a terceira razón foi a beleza da rexión de Otava.

1867 - 1945Editar

En 1867, coa independencia do Canadá, Otava tornouse a nova capital do recentemente criado país, e a súa poboación alcanzara os 18 mil habitantes. A cidade medraba de xeito desorganizado, construíndose varias ferrovías no centro da cidade, para a acomodación do transporte e comercio de madeira. En 1896, o entón primeiro ministro do Canadá, Wilfrid Laurier, criou un programa de planeamento urbano, cuxo principal obxectivo era o embelecemento da cidade, que non saíu do papel.

En 1900, un incendio destruíu boa parte da cidade, facendo que boa parte dos 60 mil habitantes da Otava de entón ficasen desabrigadas. A cidade reconstruíuse lentamente ata 1912, cando xa alcanzara os 90 mil habitantes. O 3 de febreiro de 1916, a parte central do antigo parlamento canadense foi destruída nun incendio. Coa Casa dos Comúns estabelecida temporalmente no que actualmente é o Museo Canadense de Natureza, a parte central reconstruíuse, unha estrutura gótica, coñecida como Torre da Paz, que se tornou coñecida co pasar do tempo como o principal símbolo da cidade.

En 1937, o entón primeiro ministro do Canadá William Lyon Mackenzie King nomeou a Jacques Gréber -un famoso urbanista francés, responsábel da revitalización urbana de París- para replanexar a cidade de Otava. Co inicio da segunda guerra mundial, os planos ficaron novamente no papel, e Jacques Gréber volveu para Francia.

1945 - Tempos actuaisEditar

 
O parlamento do Canadá, ás marxes do Río Otava e do Canau Rideau.

Despois da guerra proseguiron os intentos de mellorar a organización urbana da cidade, con Jacques Gréber novamente no Canadá. O plano proposto por Gréber aprobouse polo parlamento canadense en 1951. Con iso, quitáronse 51 km de ferrovías, e a estación central de tren moveuse a unha rexión máis afastada do centro da cidade, a leste. Tamén foron construídos moitos parques en volta da cidade, ben como un xigantesco parque, con máis de 35 mil hectáreas, na cidade veciña de Gatineau. O plano tamén indicaba que predios gobernamentais deberían construírse non todos concentrados nunha área senón, en vez diso, seren construídos nos límites da cidade. Ao longo da década de 1960 e de 1970, tales planos continuaron, coa criación de praias e máis parques.

Entrementres, o concello instituíu a Commercial and Industrial Development Corporation (actualmente Economic Development Corporation), en 1962, para promover o crecemento económico de Otava. Este órgano municipal criou 12 parques industriais ao longo da década de 1960 e de 1970. En 1973, unha lei que propuña límites á altura máxima dos predios construídos no centro da cidade foi rexeitada polo Consello municipal. Con iso, máis e máis rañaceos foron construídos no centro da cidade. Co medo a embotellamentos e problemas no sistema de transporte público, Otava replantou totalmente o seu sistema de transporte público, coa creación de máis liñas de ómnibus, así como liñas de light rail.

En 2001, fusionáronse 10 cidades con Otava, entón con preto de 350 mil habitantes dentro do seus límites municipais. Otava pasou a ter máis de 750 mil con esta fusión. As cidades fundidas son Cumberland, Gloucester, Goulborn, Kanata, Nepean, Osgoode, Rideau, Rockcliffe Park, Vanier e West Carleton.

XeografíaEditar

 
Panorama de Ottawa
 
A rexión de Ottawa-Gatineau vista polo satélite SPOT.
 
Vista da rúa Sparks no centro da cidade.

Ottawa sitúase no marxe sur do río Ottawa, e engloba as desembocaduras do río Rideau e da Canle Rideau. A parte máis antiga da cidade (onde se encontra o que queda de Bytown) coñécese como Lower Town (en francés Basse-Ville; que significa "Cidade Baixa") e ocupa a zona entre a canle e os ríos. Cruzando a canle cara o oeste encóntrase Centretown (chamada a miúo "downtown"), que é o centro financeiro e comercial da cidade. Entre este lugar e o río Ottawa, a suave elevación da Parliament Hill (en francés Colline du Parlement, Cuíña do Parlamento) alberga gran parte dos edificios gobernamentais da capital, ademais de ser a sede lexislativa de Canadá.

A Cidade de Ottawa comprende varias áreas urbanas. A principal esténdese unha distancia considerable cara o leste, oeste e sur do centro, e inclue as antigas cidades de Gloucester, Nepean e Vanier, o antigo pobo de Rockcliffe Park e as comunidades suburbanas de Manotick e Orleans. Ademais da área urbana principal, existe unha secundaria: a área urbana de Kanata, que comprende a parte urbanizada da antiga cidade de Kanata e o antigo pobo de Stittsville (70.320 hab.). Máis aló do cinto verde esténdese unha certa cantidade de cidades satélite y comunidades rurais que tamén son áreas urbanas (áreas periféricas) e forman parte do municipio de Ottawa. Estas son: Constance Bay (2.327 hab.), Kars (1.539 hab.), Metcalfe (1.610 hab.), Munster (1.390 hab.), Osgoode (2.571 hab.) y Richmond (3.287 hab.).

Ao outro lado do río Ottawa, que forma a fronteira entre Ontario e Quebec, apareece cidade de Gatineau. Aínda que son dúas cidades formal y administrativamente separadas en dúas provincias, Ottawa e Gatineau (xunto cunha certa cantidade de municipios veciños) constitúen, xuntas, a Rexión da Capital Nacional, cunha poboación conxunta de máis dun millón de habitantes, y considérase unha única área metropolitana.

ClimaEditar

Ottawa ten un clima temperado.As temperaturas varían considerablemente durante todo o ano, desde un récord máximo de 37,8°C nos veráns de 1986 e 2001, a un mínimo de -36,1°C no inverno de 1943 (esta última é a segunda maior temperatura mínima rexistrada nunha capital nacional, solo por detrás de Ulán Bator, Mongolia). Esta ampla gama de temperaturas permite a práctica de numerosas actividades ao largo do ano, e tamén require dispoñer de roupa adecuada para cada época. Se atendemos á temperatura media anual, Ottawa é a sétima capital máis fría do mundo.[4] No entanto, se atendemos á temperatura media de xaneiro, Ottawa figura en tercer lugar, detrás de Ulán Bator (Mongolia) e Astaná (Kazaxistán).

A neve e o xeo dominan durante o invierno. Ottawa recibe cerca de 235 centímetros de neve ao ano. A maior precipitación de neve rexistrada na cidade foi de 73 centímetros, o 4 de marzo de 1947. A temperatura media da cidade en invierno é de -10,8°C, aínda que ocurren con frecuencia días con temperaturas medias por encima de cero e noites con temperaturas menores de -25°C. É común que se deposite unh capa duradeira de neve desde finais de novembro ata principios de abril, aínda que algúns anos non se rexistra neve ata a época de Nadal. O efecto das temperaturas baixas en inverno é agudizado polo factor do vento. Ottawa rexistra anualmente e de media, 51, 14 e un día cun factor de viento por debaixo de -20°C, -30°C y -40°C respectivamente. A temperatura máis baja rexistrada na cidade, incluíndo o factor do vento, foi de -47,8°C, o 8 de xaneiro de 1968.

A choiva xélida é tamén relativamente frecuente, incluso en relación a outras partes do país. En 1998, unha gran tormenta causou apagóns e afectou á economía local, a coñecida como Tormenta de xeo norteamericana de 1998.[5]

Os veráns son relativamente cálidos e húmidos en Ottawa, aínda que son polo xeral cortos. A temperatura media en verán é de 26,5°C, aínda que é frecuente que se dean temperaturas de 30°C ou máis. No verán de 2005, registrouse unha temperatura máxima de 39,5°C en algunhas zonas. Durante os períodos de altas temperaturas, a elevada humidade do aire é un factor agravante, especialmente cerca dos ríos. A cidade rexistra anualmente e de media, 41, 12 e 2 días con temperaturas superiores a 30°C e 35°C, respectivamente, contando coa humidade do aire. A temperatura máis alta rexistrada en Ottawa, tendo en conta a humidade do aire, foi de 48°C, foi rexistrada o 1 de agosto de 2006.

As condicións climáticas primaverais e outinais son variables, propensas a extremos en temperaturas e a cambios imprevisibles. Rexistrátonse días calorosos, por encima de 30°C, a comezos de abril e finais de outubro, así como precipitación de neve ben entrado eo mes de maio e a comezos de outubro (aínda que tales acontecementos son inusuais e de breve duración). A precipitación anual media é, por término medio, dúns 870 milímetros. O día en que se recibiu a maior cantidade de choiva foi o 9 de setembro de 2004, cando os restos do Furacán Frances descargaron 135 mm de choiva na cidade.[6] Ao ano hai 2.054 horas de sol de media (47% das totais).[7]

Os fenómenos meteorolóxicos destructivos, como tornados, inundacións, ondas de calor, precipitación severa de sarabia e remanentes de furacáns son raros, pero todos ocurriron antes. Algúns dos tornados máis notables da rexión tiveron lugar en 1978 (F2), 1994 (F3) e 1999 (F1). O 1 de xaneiro do 2000, produciuse un terremoto de 5,2 grados e na Escala de Richter que afectou a Ottawa.[8] É moi improbable que na zona se desaten tornados de forza 4 ou 5, como os das Grandes Chairas dos Estados Unidos, xa que esta localízase moi lonxe do fronte provocado pola interacción das masas de aire provintes do golfo de México e das Rocosas (o que pode producir fortes tornados máis ao sur).

O 24 de febreiro de 2006, un terremoto de 4,5 grados na Escala de Richter sacudió Ottawa.[8] De media, prodúcese un pequeno temblor na cidade cada tres anos.[9][10]

AdministraciónEditar

Os habitantes de Ottawa elixen a un alcalde e 21 conselleiros para un mandato de ata tres anos de duración, o alcalde chámase Ottomar Miguel Da Silva Nunes.[11] Os impostos de propiedade, venda e comercio aportan unha certa parte dos presupostos anuais municipais necesarios para o mantemento dos servizos públicos, aínda que a maioría proveñen de fondos do goberno nacional e provincial.

DemografíaEditar

 
Edificio do parlamento.

A maioría da poboación de Otava é nativa do país. De acordo co censo nacional de 2001, Otava posúe unha poboación de 774.072 persoas, 310.132 propiedades e 210.875 familias. Cerca do 80,9% da poboación da cidade é branca non hispana, un 4,54%, negra, un 4,65% asiáticos, un 3,98% surasiáticos, 1,13% aborixes, 0,85% hispanos..

O 25,3% da poboación da cidade posúe menos de 19 anos, o 63,2% posúen entre 19 a 64 anos e 11,5% posúen máis de 65 anos de idade. A idade media é de 36,7 anos. Para cada 100 persoas do sexo feminino existen preto de 95,1 persoas do sexo masculino. Por cada 100 mulleres maiores de idade existen 92,1 homes.

A renda anual media dun traballador en Otava é de 39.713 dólares canadenses, e a renda media familiar é de 73.507 dólares canadenses. Os homes posúen renda anual media de 47.203 dólares canadenses, e mulleres, 31.641 dólares canadenses. A renda per capita na cidade é de 23.061 dólares canadenses.

EconomíaEditar

 
O centro comercial de Otava posúe moitos predios modernos como este.

O sector público é facilmente o maior empregador da cidade, empregando preto de 72 mil persoas, que traballan para o goberno nacional, e outros 12 mil para o sector público municipal.

Otava é un centro tecnolóxico, onde máis de 800 empresas e as súas respectivas fábricas empregan a máis de 48 mil persoas. Debido a isto, Otava é ás veces chamada "capital nacional de alta tecnoloxía". Estas empresas están na maioría especializadas en investigación avanzada nun número de sectores que inclúen a creación e desenvolvemento de softwares, tecnoloxía ambiental, investigación espacial e telecomunicacións. Outro grande empregador é o sector de saúde, que emprega a 18 mil persoas.

Publícanse tres xornais diarios na cidade: O Ottawa Citizen e o Ottawa Sun en inglés, e Le Droit en francés. Alén diso, a cidade ten 4 emisoras de televisión (3 en inglés e unha en francés) e 16 de radio (14 en inglés e 2 en francés).

EducaciónEditar

 
Unha escola de Otava.

A rexión de Otava ten proporcionalmente máis residentes con estudos postsecundarios concluidos que ningún outro lugar de Canadá. Consecuentemente co papel da rexión como a capital da investigación de Canadá, máis de 9000 habitantes teñen en undoutorado.[12]

RecreaciónEditar

 
O Canada Day.

ParquesEditar

Otava posúe máis de 3,230 hectáreas de parques e playgrounds, sendo a segunda cidade con máis área verde per capita, despois de Edmonton.

Eventos anuaisEditar

Otava é sede de varios festivais e eventos coñecidos nacionalmente:

  • A Winterlude, realizada en febreiro no Canal Rideau, é un carnaval de inverno. *A Tulip Festival é un evento internacional, onde a cidade recibe, en cada primavera, centenas de millares de tulipas, como presentes da Familia Real Holandesa. Estas flores son plantadas en varias áreas da cidade.
  • O Canada Day, festexando o día da independencia, en todo 1 de xullo. Millares de persoas de todas as partes do país van a Otava para festexar o aniversario do Canadá.

TransportesEditar

 
Trens do sistema de light rail de Otava.

Otava é servido por trens de pasaxeiros e de carga, e posúe unha limitada malla ferroviaria dentro dos seus límites municipais. O aeroporto internacional de Otava é servido polas principais liñas aéreas do país, que conectan a cidade con outras cidades primarias do Canadá, ben como algunhas cidades nos Estados Unidos.

Otava posúe un sistema de vías expresas de aproximadamente 70 km de lonxitude, suficiente para atender ás demandas da cidade. Porén, este sistema non está ligado con aquela da cidade de Gatineau, o que causa serios problemas de tránsito entre as pontes que conectan Otava con Gatineau.

O sistema de transporte público é totalmente integrado, dispondo dunha eficiente malla de rotas de ómnibus e un sistema de light rail. Moitas vías públicas están dedicadas exclusivamente á ómnibus, bicicletas e/ou pedestres.

Cidades irmandadasEditar

Otava está irmandada con:

Ademais mantén acordos de cooperación coas seguintes cidades:

Véxase taménEditar


NotasEditar

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 104. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 
  3. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  4. Rosenberg, Matt (15 de febreiro de 2019). "Coldest Capital Cities. Is Ottawa the coldest capital?". thoughtco.com (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  5. Reuters/AFP (11 de xaneiro de 1998). "Una tormenta de hielo azota Canadá y deja sin luz ni calefacción a tres millones de personas". elpais.com (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  6. Ontario Weather Review - September 2004 Arquivado 19 de setembro de 2011 en Wayback Machine. - Environment Canada, 30 de setembro de 2004
  7. Climat Arquivado 10 de outubro de 2006 en Wayback Machine. - Commission de la Capitale Nationale, 5 de decembro de 2005
  8. 8,0 8,1 ICLR retrofits an Ottawa home to protect against earthquake and winter storms Arquivado 15 de xuño de 2006 en Wayback Machine. - Insurance-Canada.ca
  9. "Geoscape - Ottawa-Gatineau". cgenarchive.org (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2021. [Ligazón morta]
  10. "Ottawa-Gatineau-Earthquakes". CGEN Archive (en inglés). Consultado o 2021-06-03. 
  11. Your City Government - City of Ottawa
  12. Ottawa Education Arquivado 13 de agosto de 2017 en Wayback Machine. - ottawakiosk.com
  13. Ottawa-Carleton District School Board - General Information
  14. "Ottawa-Carleton Catholic School Board". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2015. Consultado o 22 de abril de 2008. 
  15. Succursales et horaires - Bibliothèque publique d'Ottawa
  16. Library and Archives Canada
  17. Ottawa Universities in Ontario, Canada - canadian-universities.net
  18. Prospective Students - University of Ottawa
  19. Fact Sheet - Carleton University
  20. [https://web.archive.org/web/20061206054440/http://www.ustpaul.ca/
  21. Ottawa, Beijing Sign Sister Cities Agreement - People's daily
  22. "Catania-Ottawa, gemellaggio hi tech. Missione in Canada per stringere accordi di collaborazione" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., lasicilia.it
  23. Convenios y hermanamientos - Goberno da Cidade de Bos Aires

Véxase taménEditar