Catania
Coordenadas: 37°30′0″N 15°5′25″L / 37.50000, -15.09028
Catania é unha cidade italiana de 296.453 habitantes e 770.000 na súa área metropolitana. É a segunda cidade máis grande de Sicilia, situada na costa leste da illa, capital da provincia de Catania.
Catania | |
---|---|
Vista aérea co monte Etna ó fondo. | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Provincia | Catania (CT) |
Xeografía | |
Altitude | 7 msnm |
Superficie | 180,88 km² km² |
Demografía | |
Poboación | 291.274 (2011) |
Densidade | 1.600 hab/km² |
Xentilicio | Catanesi |
Outros datos | |
Código postal | 95100 |
Alcalde | Enzo Bianco (PD) |
Páxina Oficial de Catania |
Xeografía Editar
Está a medio camiño entre as cidades de Messina e Siracusa, ao pé do monte Etna. O clima en Catania é de tipo mediterráneo, o inverno xeralmente é de curta duración e con temperaturas máximas durante o día relativamente suaves, mentres o verán é de longa duración con temperaturas máximas moi altas, mesmo chegan a superar os 40 °C.
Historia Editar
Catania foi fundada no século VIII a.C. por colonos gregos e segundo os historiadores o nome da cidade deriva de “Katane” (raiado), polo territorio lávico do volcán Etna.
En 1434 Afonso V de Aragón fundou a Universidade de Catania, que a comezos do século XXI era unha das máis grandes do sur de Italia con 62.000 estudantes e dividida en 12 facultades. Catania foi destruída sete veces por terremotos e erupcións volcánicas, e a última catástrofe que se lembra foi no ano 1693.
Ao igual ca no resto da illa de Sicilia, en Catania fálase siciliano e italiano.
Patrimonio Editar
O estilo barroco do seu centro histórico foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO no 2002. As principais atraccións de Catania son a praza Duomo, o teatro romano, o Parco Bellini, o castello Ursino e a central Via Etnea.
Na praza Duomo está o Liotru, unha fonte de elefante considerada o emblema da cidade. Fronte a ela está a catedral de Santa Ágata, santa patroa da cidade. Do 3 ao 5 de febreiro celébranse as festas patronais.
Outros lugares característicos en Catania son o mercado do peixe sempre brillando con cores, sons e cheiros, e o mercado chamado “fera ´o luni” que está aberto todos os días.