Orzamento

(Redirixido desde "Presuposto")

Orzamento[1] ou presuposto[2][3] é o cálculo por anticipado dos custos que implicaría unha determinada obra, servizo ou calquera outra actividade económica.

Charles Bolden, administrador da NASA, resposta ás preguntas dos medios na rolda de prensa sobre o ano fiscal correspondente a 2012.

A elaboración dun orzamento permita ás empresas, os gobernos, as organizacións privadas ou mesmo ás familias establecer prioridades e avaliar a consecución dos seus obxectivos. Para alcanzar estes fins, pode chegar a ser preciso incorrer en déficit, isto é, que os gastos superen aos ingresos, ou pola contra, ser posíbel aforrar, de xeito que o orzamento presentará un superávit (os ingresos son maiores que os gastos).

Proceso de elaboraciónEditar

Nas organizacións, o proceso de elaboración dos orzamentos segue unha estrutura sistemática, no que tende a reflectir de xeito cuantitativo, a través dos mesmos orzamentos, os obxectivos fixados pola empresa ou organización a curto prazo, mediante o establecemento dos programas oportunos e sen perder a perspectiva de longo prazo, xa que esta condicionará os plans futuros de consecución da fin última cara a que se orientará a empresa.

Así, o proceso de elaboración orzamentaria comprende:

  • Definición e transmisión das directrices xerais ao responsábeis da preparación dos orzamentos.
  • Elaboración de plans, programas e orzamentos.
  • Negociación dos orzamentos.
  • Coordinación dos orzamentos.
  • Aprobación dos orzamentos.
  • Seguimento e actualización dos orzamentos

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para orzamento.
  2. Monteagudo Romero, Henrique (1988). Diccionario normativo galego-castelán. Vigo: Galaxia. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para presuposto.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar